
Para a edición en España, MARCO publica unha separata bilingüe (galego-castelán) que reproduce fielmente os textos de todos e cada un dos autores do catálogo ilustrado de 344 páxinas que acompaña a exposición, editado no ano 2003 polo Walker Art Center de Mineápolis. A publicación inclúe textos de Aaron Betsky, director do Netherlands Architecture Institute de Róterdam e antigo comisario de arquitectura e deseño no San Francisco Museum of Modern Art; Andrew Blauvelt, responsable do departamento de deseño do Walker Art Center de Mineápolis e comisario de exposicións; Jonathan Bell, crítico de deseño freelance en Londres, e editor da publicación especializada Things e dos libros The Transformable House e Carchitecture; e Jamer Hunt, antropólogo cultural e director do programa de postgrao en deseño post-industrial na University of the Arts de Filadelfia.
Enlaces:
[1] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/26-ExtraNamente-familiares.jpg
[2] http://www.marcovigo.com/sites/default/files/26-Extrañamente-familiares.jpg