Relator principal: Emilio Lede, coa colaboración de relatores convidados
Coordinador: Ignacio Barcia
3ª edición do curso AGUZAR O OÍDO
A colaboración entre Vertixe Sonora e o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo fixo posible nos últimos anos a posta en marcha do curso AGUZAR O OÍDO, proposta de divulgación de música contemporánea e arte sonora que se converteu nunha referencia a nivel estatal.
Nesta a súa 3ª edición, e no contexto do IV Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora, o curso consiste en nove sesións de charlas previas a cada un dos concertos do Festival, a cargo de distintos profesionais, ademais da asistencia a cada un dos concertos incluídos no programa.
As sesións comezarán 45 minutos antes de cada concerto no espazo correspondente e terán unha duración de 30 minutos.
PRAZAS LIMITADAS. Inscrición e matrícula a partir do 6 de outubro
O prezo de matrícula inclúe tanto as nove sesión previas aos concertos como o bono (30€) do Festival Vertixe Sonorapara asistir aos seis concertos de pago incluídos no Festival.
As fichas de inscrición pódense solicitar directamente na taquilla do MARCO (horario de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30), ou a través do correo-e alberto.abal@marcovigo.com [3] e recepcion.marco@gmail.com [4].
Para máis información sobre cada concerto, consultar o PROGRAMA COMPLETO DO FESTIVAL en www.vertixesonora.net [5]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Aguzar_600x200_1.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/vertixe.2016_web_1.jpg
[3] mailto:alberto.abal@marcovigo.com
[4] mailto:recepcion.marco@gmail.com
[5] http://www.vertixesonora.net/
[6] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Programa%20Festival%20Vertixe_ok.pdf
[7] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/VERTIXE_MARCO_programa%20curso%20AGUZAR%20O%20O%C3%8DDO%20III_gal_nov.pdf