PROGRAMA
Visitas guiadas á exposición Anish Kapoor: Obras, Pensamentos, Experiências, e á colección permanente do Museo Serralves, ambas as dúas na Fundación Serralves [3].
Visita á exposición Frida Kahlo: Ás súas fotografías no CPF Centro Portugués de Fotografía [4], localizado no antigo cárcere da cidade, nas inmediacións da torre dos Clérigos.
A viaxe farase en autobús, con saída do farol de Urzáiz ás 9.00, e regreso sobre as 21.00.
O prezo variará en función da xente que se anote, xa que incluirá o custo do autobús e das entradas dos museos. Estimamos un prezo aproximado de 35€ por persoa.
As persoas interesadas poden facer a reserva de praza na recepción do MARCO, cun abono de 15€. Quen non sexan membros da AAM poden participar tamén mediante un suplemento de 5€.
Crédito da fotografía: Fundaçao Serralves [5]
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Kapoor_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Kapoor_200x150.jpg
[3] https://www.serralves.pt
[4] http://www.cpf.pt
[5] https://www.serralves.pt/pt/actividades/anish-kapoor-obras-pensamentos-experiencias/?menu=249