O MARCO volverá ser escenario das propostas arraianas, desafiantes e máis excéntricas do festival cos concertos de L.A.R. Legido, Gil Dionisio e Eli Gras e será sede tamén da Academia de Sons, que propón 5 obradoiros para públicos diversos en horario matutino.
29 de xuño, 20.30, 3€ + gastos de xestión
Sempre sorprendente na súa procura de son, L.A.R. Legido (Castromonte, 1975) trae a ImaxinaSons a súa combinación de batería e formigoneira
30 de xuño, 20.30, 3€ + gastos de xestión
Cun tour recente en Xapón, e cun traballo que comeza a xordir un pouco por toda Europa, Dionísio, que fai en 2013 parte dos In Loko de Carlos Barretto, inscríbese nunha nova forte xeración de criativos e artistas que non temen ollar para dentro para percibir mellor o mundo que os rodea.
1 de xullo, 20.30, 3€ + gastos de xestión
Artista multidisciplinar, Eli Gras inicia a súa traxectoria na música experimental a principios dos oitenta.
Enlaces:
[1] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Conciertos_600x200.jpg
[2] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Concertos_200x150.jpg
[3] https://www.marcovigo.com/sites/default/files/Dossier%20ImaxinaSons%202015.pdf