A exposición THE LAST PICTURE SHOW: Artistas que usan a fotografía. Tendencias conceptuais de 1960 a 1982, unha producción do Walker Art Center de Minneapolis, explora os novos usos e tendencias conceptuais da fotografía durante dúas décadas fundamentais na estética contemporánea. O MARCO de Vigo acolle esta mostra, en exclusiva para España, como unha oportunidade única de contemplar obras de artistas que, pola súa calidade e características, convertíronse en referentes da historia da arte contemporánea internacional. The Last Picture Show inclúe préstamos dun importante conxunto de coleccionistas privados, galerías e museos de todo o mundo, ademais de numerosas obras pertencentes á colección permanente do Walker Art Center.
Cando, a mediados da década dos 50, a fotografía logrou cruzar con éxito o abismo que separaba a reproducción mecánica da obra de arte, atopou o seu propio espacio en museos e galerías, mentres os seus autores se unían ás filas de artistas respetados. Sen embargo, esta aceptación supuxo tamén novos retos para este medio e para a súa recén adquirida posición de prestixio. Un desafío representado por artistas que eran principalmente pintores e escultores, e que non se consideraban a si mesmos fotógrafos.
Esta mostra explora o desenvolvemento das tendencias conceptuais na fotografía de posguerra, desde os seus primeiros pasos nos anos 60, en traballos de artistas como Bernd & Hilla Becher, Edward Ruscha e Bruce Nauman, ata o seu ascenso á preeminencia mundial, na obra de artistas fotográficos de finais dos 70 y principios dos 80, como Sherrie Levine, Richard Prince e Cindy Sherman. Esta exposición ofrece unha xenealoxía do nacemento dunha práctica fotográfica aínda hoxe poderosa e en evolución. A conforman case 200 obras de 55 artistas que cubren unha grande diversidade de temas, que amplían os parámetros da fotografía moderna, sen perder de vista as orixes da práctica fotográfica no século XIX.
A través da inclusión de obras que se centran en intervencións arquitectónicas e ambientais, no mundo de imáxenes da cultura de masas, e no tratamento do cuerpo no espacio ou na representación do absurdo, The Last Picture Show pretende documentar a importancia dun conxunto de prácticas fotográficas desenvoltas por artistas que non eran necesariamente fotógrafos. O pintor Sigmar Polke iniciou a mediados dos 60 o que se convertiría nunha obsesión por a cámara, que lle levou a realizar experimentos fotográficos co as formas escultóricas e co a alquimia do propio proceso de revelado. No 1966, Bruce Nauman vóllvese cara a cámara como unha maneira de documentar actos escultóricos que participaban do conceptual, do fotográfico y da performance.
Estes e moitos outros artistas incluídos na mostra utilizan o proceso fotográfico con finalidade conceptual oposta aos modelos artísticos predominantes na fotografía, na pintura e na escultura. En realidade, estas prácticas liberaron a fotografía da súa anterior subordinación á pintura e á escultura. A finais dos 60 quedaba claro que os usos experimentais e conceptuais da fotografía gañaban forza e credibilidade no mundo da arte internacional.
A principios dos 80, ó pracer asociado co disfrute erudito da tradición da copia fotográfica maestra uniuse unha nova actitude cara á fotografía que estaba máis interesada no seu uso para fines conceptuais que nas intencións estéticas dos seus predecesores. É este legado o que atopa os seus herdeiros na nova xeración de fotógrafos que explora The Last Picture Show.