rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Exposición
7 Dec 2011 - 23 Mar 2012
Para a súa proposta no MARCO de Vigo, Abigail Lazkoz (Bilbao, 1972) céntrase no artigo 13 da Constitución de Cádiz —‘o obxecto do Goberno é a felicidade da Nación’— e presenta unha reflexión gráfica-conceptual en torno á evolución do concepto da felicidade dende 1812 ata os nosos días.
Exposición
16 Dec 2011 - 20 Mai 2012
Amaya González Reyes (Sanxenxo, Pontevedra, 1979) reserva para o espectador un espazo propio e emprázao a descifrar as obsesións da artista; un aspecto que se relaciona co título —ou subtítulo— elixido para a súa proposta: ‘Entrar na obra. Perder(se) nela’.
Exposición
8 Abr 2011 - 31 Out 2013
A partir do mes de abril de 2011, o Espazo Anexo do MARCO reinvéntase e vive a súa maior transformación dende a súa apertura no ano 2004 como sala de proxectos, dando inicio a un novo período coa proposta ‘Hotel MARCO’, do artista Michael Lin e rvr arquitectos, que consiste en transformar o lugar nun cuarto de hotel con distintos usos.