![4 HISTORIAS / 4 VIAXES. [Obradoiro Día do Libro]](/sites/default/files/Día Libro_600x200_0.jpg)
4 HISTORIAS / 4 VIAXES. [Obradoiro Día do Libro]
O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de obradoiro para público infantil, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing en rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.
#DíadoLibro #DíadoLibro2021 #BiblioMARCO
4 HISTORIAS / 4 VIAXES
Obradoiro conducido por María Xosé Martínez
Para participantes de 6 a 10 anos
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (versión presencial e virtual)
Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO con motivo do Día do Libro
Colabora:
Data: venres 23 de abril e sábado 24 de abril
Horarios:
Sesións presenciais: venres ás 18.15 e ás 19.30 / sábado ás 11.00 e ás 12.15
Lugar: exterior. Praza peonil posterior xunto a Espazo Anexo (traslado a interior en caso de choiva)
Sesión virtual (Zoom): ás 17.00
Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade (máximo 4 participantes en cada sesión presencial, e 12 participantes na sesión virtual)
Inscricións a partir do martes 20 de abril ás 11.00
Por teléfono, email ou persoalmente en taquilla MARCO
recepcion.marco@gmail.com
Tel. 986 113900 ext. 100
Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30
Normas de acceso e medidas sanitarias (sesións presenciais):
- Uso obrigatorio de máscara
- Distancia mínima interpersoal
- Desinfección de materiais e uso de xel hidroalcohólico
- Prohibición de consumir alimentos e bebidas durante a actividade
Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con ampla experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofrécenos en primicia este obradoiro, cuxo título xoga co da exposición “4 Proxectos”, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa.
Utilizando cartón, papel e outros materiais básicos, crearemos o noso propio mini-libro tridimensional que contén catro historias relacionadas con aqueles lugares aos que nos gustaría viaxar, nestes tempos nos que a viaxe supón un sono. A nosa imaxinación sen límites é a vía para chegar a calquera lugar, e o texto e as imaxes, as nosas ferramentas para o camiño.
Deixemos voar a nosa creatividade durante unha divertida sesión, cuxos resultados se publicarán na sección Biblioteca da web do MARCO www.marcovigo.com a xeito de exposición virtual que dará máis visibilidade aos traballos realizados.