7+1 Familias
Programa '7+1'
Familias
Obradoiros para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Actividade complementaria da exposición '7+1 PROJECT ROOMS'
Do 10 xaneiro ao 19 abril 2009
Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
Venres de 18.00 a 20.00; sábados e domingos de 12.00 a 14.00
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo
En paralelo á exposición '7+1 PROJECT ROOMS', neste trimestre as actividades para familias relaciónanse co uso ou tratamento que os artistas fan do espazo, como medio e como recurso. Os fins de semana, un 'MARCO' convértese nunha porta á imaxinación: cando cada día abramos a porta comeza unha nova aventura que nos trasladará a lugares creados e soñados na mente dos artistas.