rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
ALBERTO ARDID. Hai un lugar

ALBERTO ARDID. Hai un lugar

Ficha

Datas: 
30 abril 2026 - 6 setembro 2026
Lugar: 
Patio A1, Patio A2, Galería e sala perimetral A2, planta baixa
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisariado: Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto

Hai un lugar semellante a este. Unha realidade paralela que constitúe unha ficción relativamente próxima. Hai un lugar é un proxecto expositivo que combina pezas a medio camiño entre a escultura e a instalación, que se artellan arredor da idea dun aparente triunfo do mal sobre o ben, pero no que aínda se pode albiscar algún raio de esperanza.

Unha exposición narrativa e interconectada, na que cada peza é per se, mais que tamén conta algo en relación ás outras e ao espazo que ocupan.

 



Artistas

ALBERTO ARDID DE CABO


Alberto Ardid de Cabo
(Vigo, 1986) traballa elaborando pezas e instalacións que se poden situar entre o perceptivo e o matérico, enfrontando elementos diferentes entre si e que a súa vez poidan representar ideas contrapostas. Para iso, adoita empregar materiais de construción e referencias visuais que, ao misturarse e descontextualizarse, xeran múltiples significados e grandes contrastes. Utiliza tamén, en moitos dos seus traballos, intervencións pictóricas abstractas que se combinan con outros elementos perfectamente recoñecibles, con alusións á historia e á cultura de masas, dende unha visión galega e universal.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona (2010), cun Máster en Profesorado na especialidade de Debuxo pola Universidade de Vigo (2013), actualmente cursa o Doutorado en Belas Artes na mesma universidade.

+ INFO: www.myfriendeskio.com

Comisariado

Miguel Fernández-Cid

Pilar Souto Soto