rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Amig@s do MARCO

Á PROCURA DA ARTE CONTEMPORÁNEA

Visitas guiadas

Ás exposicións do MARCO antes da súa inauguración, en compañía do comisario
A outras exposicións guiadas por persoal especializado
A talleres de artistas

Ciclo "Traballadoras da Imaxe"

Ciclo de charlas e proxeccións nas que mulleres procedentes de distintos ámbitos das artes nos achegarán a súa experiencia profesional

Saídas e visitas dun día

A Museos ou Centros de Arte próximos, como a Fundação de Serralves en Porto, o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela, ou o Museo de Belas Artes na Coruña, en función do seu calendario de exposicións

Viaxes por España e o estranxeiro

Buscamos o culturalmente significativo elixindo bienais, exposicións ou eventos especiais en lugares que teñan unha vida cultural, social ou artística activa e chea de posibilidades