rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
A ARTE POLO AIRE

A ARTE POLO AIRE

Visita e obradoiro deseñadas polo departamento educativo para a exposición titulada VOÁNDO CARA Á TERRA
Datas: 
25 maio 2010 - 18 xuño 2010
Horario: 
de martes a venres de 11.15 am a 13.30 pm
Lugar: 
MARCO: Obradoiro das Artes

A visita e obradoiro de educación Infantil e Primaria ten unha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos. Para o seu mellor aproveitamento, o persoal educador organiza os participantes de cada centro en grupos de 25 alumnos/as. É necesario que os adultos que acompañan ao grupo permanezan con eles en todo momento. Non está permitido comer e beber no museo, exceptuando a zona de cafetería. Se o grupo ten algunha necesidade especial, ou se prefire adaptar a visita na súa duración ou contidos, non dubide en comunicalo con antelación ao noso departamento educativo.

Seleccionamos algunhas obras e preparamos un percorrido pola exposición para desenvolver a visita en función das idades e dos contidos que se intentan transmitir. A experiencia complétase cun obradoiro no ‘Laboratorio das artes’, o noso espazo de didáctica no primeiro andar.

 A ARTE POLO AIRE

- Pode unha obra de arte voar?

- Pode ser resultado dun traballo en grupo?

Neste obradoiro tratamos de potenciar a creatividade dos participantes a través da realización dun proxecto colectivo.

Introdución á actividade:

Describimos o proxecto que imos realizar, falando do proceso, da organización e dos materiais a utilizar.

Primeira parte:

Os participantes traballan de xeito individual, creando representacións que suxiran unha mirada á terra dende o ceo.

Segunda parte:

Creamos unha obra colectiva unindo todos os traballos realizados individualmente.

Terceira parte:

Elevamos esta peza colectiva cara ao ceo a través de cordas que farán subir a nosa obra polo aire no espazo do Laboratorio das Artes.

Finalmente recollemos o traballo e levámolo con nós para decorar a aula unha vez de regreso ao centro.