ASAMBLEA AAM e PERFORMANCE DE ISOLDA COMESAÑA
ORDE DO DÍA
1º. Presentación da Memoria de Actividades 2022.
2º. Elección dunha nova Comisión Xestora. Agradeceríamos que todas as persoas, ou equipos, que teñan interese en formala, de xeito voluntario, o expresen na devandita reunión.
3º. Rogos e preguntas.
Tras finalizar a Asamblea, o mesmo martes ás 20.00, haberá unha performance teatral da man de Isolda Comesaña, estudante de último curso na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática), que presentará unha obra sobre a escultora Camille Claudel. Na nota que achegamos atoparedes máis información sobre esta performance.
Ao rematar a representación realizarase un pequeno coloquio co público para explicar a historia de Claudel e debater sobre asuntos relacionados coa invisibilización histórica das mulleres, as trabas que supuxo ser artista naquela época, as que hai hoxe en día, o hiperdiagnóstico psiquiátrico nas mulleres, a histeria...