BOLSA DESTACADA
Bolsas de produción DKV/MARCO 2015 NOVO Convoca: Fundación MARCO e DKV Seguros Descrición: o obxectivo desta convocatoria é outorgar dúas bolsas de produción cultural para a realización de cadanseu proxecto. Poden presentarse artistas españois ou con residencia legal en España, nados en ou despois de 1972. As dúas obras gañadoras presentaranse dende outubro de 2015 na planta baixa do MARCO acompañadas doutras obras producidas por DKV e pertencentes á súa colección. DKV terá dereito a adquirir as obras resultantes das bolsas por unha cantidade que non superará os 3.000€. DKV e o MARCO traballarán para favorecer a itinerancia das pezas gañadoras a outros espazos do estado español. Dotación: un máximo de 4.500€ brutos por produción. As viaxes e aloxamento dos bolseiros durante a súa estadía en Vigo correrá a cargo do MARCO e DKV. Data fin: 10 de abril de 2015 Máis información
BOLSAS/PROXECTOS
AUTONÓMICOS Programa de Residencias Artísticas Locales NOVO Convoca: Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña Descrición: tres residencias de dous meses de duración para o desenvolvemento de proxectos de investigación artística na sede do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa. Poderán ser beneficiarios todos aqueles artistas e profesionais da cultura residentes en Galicia e menores de 45 anos con formación e/ou traxectoria artística acreditada no eido das artes ou a cultura. Dotación: total de 2.400€ por artista (honorarios: 2.000€; axuda á produción: 400€). Compensación por desprazamento para artistas non locais. Data fin: 12 de marzo de 2015 Máis información Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais 2015 NOVO Convoca: Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) Descrición: esta convocatoria establece o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas, compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan excluídas as asociacións e entidades sen fins de lucro. Existen catro modalidades de subvencións: Modalidade A1: Distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia; Modalidade A2: Representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia; Modalidade A3: Asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia; Modalidade A4: Distribución de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma. Dotación: a contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria para o conxunto das distintas actividades será de 40.000 euros. Para as modalidades A1 e A2, considéranse gastos subvencionables o desprazamento, transporte, mantenza e aloxamento do persoal artístico e técnico. Para a modalidade A3 considéranse subvencionables os gastos derivados da asistencia á feira, festival ou mercado cultural (desprazamento, transporte, aloxamento, mantenza), así como os dereitos ou as cotas de asistencia e alugamento de espazos de exhibición. Para a Modalidade A4, a subvención poderá cubrir ata o 100% dos custos de persoal artístico e técnico (nóminas e Seguridade Social). Data fin: 31 de agosto de 2015 Máis información ESTATAIS
Soft Control. III Convocatoria para proyectos interdisciplinares Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: o obxecto da convocatoria é ofrecer a un artista a posibilidade de desenvolver un proxecto de investigación transdisciplinar que formule a pregunta que necesite dunha resposta colectiva e incorpore como parte da súa metodoloxía unha proposta de expedición xunto a profesionais tanto do ámbito artístico como científico. Poderán presentarse artista de calquera disciplina, idade e nacionalidade. A duración da residencia será de tres semanas, do 20 de abril ao 10 de maio de 2015. Dotación: honorarios do artista: 1.000€; aloxamento en Hangar (valorado en 350€); espazo de traballo en Hangar (valorado en 150€); custo de produción da expedición: 1.200€; gastos de desprazamento: ata 450€; uso do equipo do centro; asistencia técnica puntual e acompañamento da residencia por parte de Regina de Miguel e Martín Llavaneras. Data fin: 8 de marzo de 2015 Máis información
Subvenciones para la edición de revistas culturales NOVO Convoca: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Madrid Descrición: convócanse subvencións para o fomento da edición de revistas culturais escritas en castelán ou nas linguas cooficiais. Poderán solicitalas empresas e institución sen fins de lucro que acrediten a publicación ininterrompida dunha revista cultural durante o 2014. Dotación: un máximo de 630.000 euros en total. Data fin: 14 de marzo de 2015 Máis información
Convocatoria Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores 2015-2016 NOVO Convoca: Fundación Antonio Gala, Córdoba Descrición: a finalidade da convocatoria é apoiar e promover a labor creativa de artistas novos en diferentes modalidades. O propósito fundamental das bolsas é a convivencia entre creadores que traballan en diversas disciplinas da arte e da cultura, fomentando así o enriquecemento mutuo. As modalidades serán: narrativa, poesía, teatro, composición musical, pintura, escultura... e desenvolverán un proxecto de creación durante o curso académico 2015-2016. Poderán optar creadores e investigadores de calquera nacionalidade, que falen castelán e con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos. Dotación: estancia na sede da Fundación para a realización do proxecto, manutención, material e espazos necesarios para desenvolver a labor creativa. Data fin: 31 de marzo de 2015 Máis información
Next Things 2015. Conducta. Convocatoria de Ideas NOVO Convoca: Telefónica I+D e LABoral Descrición: o obxectivo da convocatoria é perseguir ideas innovadoras e rompedoras sobre o Internet das cousas no marco das artes e da tecnoloxía. Nesta edición búscanse proxectos de investigación que exploren a modulación da conduta humana colectiva, ou a través das novas tecnoloxías, en particular ideas e técnicas que implican a minería de datos e recoñecemento de patróns, aprendizaxe automática, comportamento grupal e tecnoloxías vestibles ("wearable") e datos biométricos. A bolsa será de seis meses: dous meses na LABoral de Xixón e catro meses en Telefónica I+D en Barcelona. Dotación: 12.000€ en concepto de honorarios; 2.000€ para viaxes, aloxamento e dietas na LABoral, espazo de laboratorio, equipamento e asistencia técnica, aloxamento en Xixón a cargo de LABoral e espazo de traballo nas súas instalacións, equipamento e acceso ao coñecemento tecnolóxico á plataforma tecnolóxica de Telefónica cando estea aproveitando a bolsa en Barcelona. Data fin: 17 de abril de 2015 Máis información
Beca CoEspai NOVO Convoca: CoEspai, Girona Descrición: programa de bolsas para artistas visuais. A convocatoria está aberta a calquera artista interesado maior de idade. A bolsa ten que servir para a concepción, formalización e produción dun proxecto . Os proxectos presentados poden ser de calquera ámbito artístico-cultural de entre os seguintes: pintura, escultura, fotografía, deseño, vídeo, acción, instalación, escritura, eventos, "performance", multimedia, sempre que se adapte ás condicións de traballo no espazo común de creación. O proxecto deberá realizarse en tres meses, entre o 15 de maio e o 15 de agosto de 2015. Dotación: cesión dun espazo de creación en "Les Golfes" para a produción de obras que se expoñerán no ciclo "Realitat Alterades" do proxecto 3r Esquerra. Data fin: 21 de abril de 2015 Máis información
Becas GRISART NOVO Convoca: GrisArt, Barcelona Descrición: poderán presentarse persoas de calquera nacionalidade, maiores de 18 anos. Son bolsas formativas para participar nos cursos de GrisArt: fotografía publicitaria, fotoreportaxe, proxectos, vídeo, C.G.I., posprodución. Dotación: realización dos cursos do GrisArt valorados entre 3.020€ e 4.655€ Data fin: 27 de abril de 2015 Máis información
Beca de Fotografía NOVO Convoca: Blanck Paper Escuela Madrid Descrición: valorarase principalmente a visión persoal do autor e a capacidade para propoñer un proxecto de interese a realizar durante o curso. Está dirixido a todos aqueles fotógrafos con coñecementos técnicos e teóricos que desexen transmitir unha mensaxe con intención e complexidade. Dotación: realización do "Máster Blank Paper Desarrollo de Proyectos" Data fin: 29 de abril de 2015 Máis información
XXIII Becas Fundación Botín. Artes Plásticas Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: as bolsas de artes plásticas están destinadas á formación, investigación e realización de proxectos personais no ámbito da creación artística (non traballos teóricos) para artistas de calquera nacionalidade. O tempo de aproveitamento da bolsa será de 9 meses. Poderán optar a ela artistas con idades comprendidas entre os 23 e os 40 anos para as de formación. As referidas á investigación e proxectos persoais non terán límite de idade. Dotación: sen cambio de país de residencia: 16.000€; con traslado a outro país distinto á súa residencia habitual: 24.000€. As cantidades comprenden os conceptos de viaxes, aloxamento, manutención, aluguer do estudio, etc. Data fin: 30 de abril de 2015 Máis información
XI Becas Fundación Botín. Comisariado de Exposiciones y Gestión de Museos Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: a Fundación Botín convoca dúas bolsas destinadas á formación especializada nun centro do estranxeiro, co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral. O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea. Poderán presentarse diplomados, licenciados ou estudantes de posgrado en Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica da Arte, ou ser profesional da arte sen ter os requisitos anteriores pero que é capaz de demostrar capacitación neste campo. Os aspirantes terán que ter a nacionalidade española ou demostrar a residencia en España desde os cinco anos antes da presentación da solicitude. Deberá contar cunha idade comprendida entre os 23 e os 40 anos e dominar o idioma do país de destino. Dotación: 18.000€ cada bolsa en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc. aos que se sumarán 12.000€ en concepto de matrícula no centro elixido. Data fin: 8 de maio de 2015 Máis información
Ayudas de la Fundación BBVA para la Creación en Videoarte NOVO Convoca: Fundación BBVA, Madrid Descrición: convócanse dez axudas para a creación de obras de videoarte. Poden solicitalas videoartistas españois ou estranxeiros con residencia permanente en España. Dotación: 30.000€ brutos para cada artista Data fin: 20 de maio de 2015 Máis información
Ayudas de la Fundación BBVA para Investigadores, Innovadores y Creadores Culturales NOVO Convoca: Fundación BBVA, Madrid Descrición: convócanse 55 axudas para a realización dun proxecto de entre 6 meses e 1 ano. Poden solicitalas investigadores, creadores ou profesionais do ámbito científico ou cultural con nacionalidade española ou permiso de residencia permanente. Terase en conta a alta innovación na produción científica e cultural dos candidatos. As áreas prefererentes son: Ciencias Básicas, Bioloxía e Biomedicina, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, outras Enxeñerías, Arquitectura, Ciencias do Medio Ambiente e Ciencias da Terra, Economía, Finanzas e Xestión de Empresas, Ciencias Xurídicas e Sociais, Humanidades, Xornalismo, Comunicación e Ciencias da Información, Artes Plásticas e Arte Dixital, Música e Ópera, e Creación literaria e Teatro. Dotación: ata 40.000€ brutos cada unha. Data fin: 20 de maio de 2015 Máis información
INTERNACIONAIS
Residencia de investigación y producción cultural en México Casa Vecina NOVO Convoca: Fundación del Centro Histórico de la Ciudad de México Descrición: residencia de investigación ou produción cultural no local de Casa Vecina, con acceso ao espazo e medios necesarios para o desenvolvemento dun proxecto. Poden solicitalas profesionais maiores de 18 anos de calquera nacionalidade de xeito individual ou en grupos dun máximo de tres personas; terán prioridade os proxectos en castelán. Os resultados dos proxectos serán expostos nas instalacións da Fundación. Dotación: 359.96€ mensuais para cada artista; 2.360€ de orzamento para produción; 884,91€ para gastos de viaxe. Data fin: 15 de marzo de 2015 Máis información
CURSOS/OBRADOIROS AUTONÓMICOS Cinema now! Gus van Sant, el "outsider". El nuevo cine francés NOVO Convoca: Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, A Coruña Descrición: mediante a proxección e análise de secuencias de curtametraxes, o curso analizará o momento actual do panorama cinematográfico: comentario de Boyhood e A vida de Adèle; percorrido pola ciencia-ficción actual; estudo sobre Gus van Sant como o derradeiro cineasta independente americano; o novo cinema rumano e a "nova onda" de realizadores franceses experimentais. Prezo: 45€ Datas: 7, 14 e 28 de marzo; 11 e 18 de abril de 2015. Inscricións ata o 5 de marzo de 2015 Máis información Taller de Video Mapping Convoca: Agrupación Cinematográfica Galega, Vigo Descrición: o obxectivo do obradoiro é coñecer o que hai que ter en conta á hora de planificar un proxecto de video mapping. Tomar medidas de distancias, proporcións, marcas de axuste e posición como parte da pre-produción. Localización e planeamento: onde colocar os proxectores para unha correcta visualización. Desenvolvemento técnico: que se necesita. Plantillas e máscaras de referencia (escáner 2D/3D). Guía de programas específicos para facer mapping. Tipoloxías do mapping: arquitectura, realidade aumentada, interactivo, sobre obxectos. Prezo: 210€; matrícula con desconto: 188€ Datas: 13-15 de marzo de 2015 Máis información
Fotografía nocturna y astrofotografía de paisaje NOVO Convoca: Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, A Coruña Descrición: este curso achegará os coñecementos necesarios para crear un proxecto baseado na fotografía nocturna e a composición de imaxes enmarcadas en escenas de pouca luz. Prezo: 80€ Datas: sesións teóricas: 17 e 24 de abril; 8 e 15 de maio de 2015. Saída nocturna: 15 de maio. Revelado e visionado dos traballos: 16 de maio. Inscricións ata o 14 de abril de 2015 Máis información ESTATAIS Vivir el arte y vivir del arte, a cargo de Orlando Britto NOVO Convoca: BilbaoArte, Bilbao Descrición: obradoiro dirixido a artistas e estudantes de arte que teñan como obxectivo vivir a arte e vivir da arte. Amosaranse os múltiples modelos de traballo e acción artística para presentar as áreas de acción fundamentais hoxe na construción de novas xeografías da arte contemporánea. Prezo: BilbaoArte: 60€ ; outros: 75€ Datas: 9-13 de marzo de 2015. Inscrición: ata o 5 de marzo de 2015 Máis información Taller "Data Bending" o búsqueda de nuevas estéticas en el glitch Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: todos os participantes producirán imaxes e sons "glitch", por medio de técnicas informáticas experimentais e utilizando ferramentas de "software libre". Prezo: 85€ Datas: 6-7 e 13-14 de marzo de 2015. Máis información
Cine Documental de Creación: un Arte Verdadero Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid Descrición: este obradoiro comprende clases teóricas e prácticas para aproximarse ao mundo do cine documental. Mediante o visionado de varias películas emblemáticas do xénero, os asistentes descubrirán a evolución do cine documental circunscrita aos retos e estéticas propias dos autores, os seus países e a súa época. Nas clases prácticas, o obxectivo será lograr que os participantes localicen o seu propio estilo. Para isto, desenvolverán un proxecto persoal cuxa temática será o retrato. Tratarase dun primeiro ensaio, unha investigación na que poñer en práctica a reflexión sobre aspectos como o tema, o personaxe, o tempo e o estilo. Prezo: xeral: 350€; socios CBA: 280€ Datas: 9 - 20 de marzo de 2015 Máis información
Miércoles de los Amigos. Conferencias abiertas al público en el Museo del Traje Convoca: Museo del Traje, Madrid Descrición: esta actividade ofrece unha visión multidisciplinar sobre a moda a cargo de expertos pertencentes á Asociación de Amigos do Museo. Prezo: entrada libre ata completar aforo Datas: 11 de marzo de 2015: "Balenciaga y los bijoutiers creadores de sus joyas" Máis información
Raoul Dufy en los orígenes de las vanguardias NOVO Convoca: Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid Descrición: curso monográfico que pretende presentar a complexa e polifacética obra do pintor francés Raoul Dufy ao público xeral. Combinarase a análise da súa pintura cunha ollada máis xeral sobre os movementos e periodos artísticos dos que formou parte. Prezo: xeral: 100€; amigos do museo: 80€; universitarios, profesores, profesionais de museos e investigadores: 40€ Datas: 11 de marzo - 6 de maio de 2015. Inscrición ata o 11 de marzo de 2015 Máis información
Extraordinario, caballo, palmera. No tiene sentido NOVO Convoca: Centro de Estudios y Documentación MACBA, Barcelona Descrición: obradoiro enfocado á perda do medo escénico mediante a elaboración dunha "performance" de contido libro na que se espremerá ao máximo o potencial creativo e imaxinativo de cada participante. Prezo: de balde Datas: 14 de marzo de 2015 Máis información
What Are You Looking At? Curso de aproximación al arte urbano a cargo de Jordi Pallarès Convoca: Es Baluard, Palma de Mallorca Descrición: o curso preséntase como unha iniciación formativa ás intervencións no espazo público e no chamado arte urbano en moitas das súas formas de visibilizarse. Prezo: non consta Datas: 18 de marzo - 1 de abril de 2015 Máis información La Muerte del Pop. Taller de Diseño de Fanzine / Publicación Punk Colectiva por Javier Montero Convoca: Ca2M, Móstoles Descrición: durante o obradoiro os participantes deseñarán de maneira colectiva un fanzine/publicación punk. Experimentarán coa escritura, a fotografía, o debuxo, o "collage", o deseño gráfico e editorial, a tipografía e a narración. A publicación que resulte será un experimento narrativo aberto, colectivo e transversal, no que os participantes desenvolverán as súas propias ideas e reflexións. Prezo: de balde, previa inscrición Datas: 7 de abril - 5 de maio de 2015. Inscricións ata o 30 de marzo de 2015 Máis información La ciudad abierta: street photo, impartido por David Hornback NOVO Convoca: BilbaoArte, Bilbao Descrición: desvelaranse os segredos da fotografía na rúa: como tirar imaxes poéticas de rúas caóticas, como vencer o medo a fotografar xente descoñecida ou como facer dos momentos cotiáns fotografías con pegada. Prezo: xeral: 125€; usuarios de BilbaoArte e alumnos de David Hornback en 2013: 25€ Datas: 16 de abril - 21 de maio de 2015. Inscrición ata o 8 de abril de 2015 Máis información Arquitectura y vida en tres tiempos. Teoría, proyecto y fotografía NOVO Convoca: Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), Barcelona Descrición: o obradoiro aborda a cuestión primordial da arquitectura: cómo aloxar e enmarcar a vida nun espazo doméstico ou urbano. Consta de tres partes: reflexión teórica, exercicio proxectual dunha habitación doméstica efémera e rexistro fotográfico da vida que habita un espazo arquitectónico. Prezo: non consta Datas: 8 de abril - 10 de maio de 2015 Máis información
PREMIOS
AUTONÓMICOS
XII Festival de Cans. Presentación de Curtametraxes e Videoclips Convoca: Asociación Cultural Arela Descrición: as curtametraxes e videoclips que se presenten a concurso deben ser obras galegas dos anos 2013, 2014 ou 2015. Como obras galegas enténdense pezas producidas por produtoras de Galicia ou de fóra de Galicia pero cuxo director ou directora sexa galego. Os videoclips que se presenten deben ser de grupos galegos e estar dirixidos por directores ou directoras galegos. Haberá tres categorías: a) curtametraxes de ficción ou non-ficción; b) curtametraxes de animación; c) videoclips. A duración non poderá exceder de 30 minutos. Premios: entre 300€ ata 1.500€ Data fin: 6 de marzo de 2015 Máis información
XII Premio de narración e ilustración infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez. Ilustración NOVO Convoca: Deputación de Ourense Descrición: poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten non menos de dez ilustracións orixinais baseadas no texto premiado na modalidade de narración deste mesmo XII Premio Pura e Dora Vázquez (solicitar á Deputación de Ourense por correo electrónico). Premio: 1.500€ Data fin: 30 de marzo de 2015 Máis información
VI Premio Atlante del Museo del Grabado a la Estampa Digital Convoca: Fundación Museo de Artes, Riveira, A Coruña Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais ou estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas tradicionais da arte gráfica (calcografía, xilografía, litografía ou serigrafía) e poderán combinarse con outras técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos que consideren convenientes. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición con posibilidade de compra. Premios: premio Ramiro Carregal de gravado: 5.000€; tres premios: 2.500€ cada un; premio especial para un artista nado ou residente na Península da Barbanza e Ría de Arousa: 1.400€ Data fin: 31 de marzo de 2015 Máis información
ESTATAIS
Concurso de Cartel Anunciador Fiestas de San Juan 2015 Convoca: Ayuntamiento de Soria Descrición: poderán participar autores nacionais ou estranxeiros, cun máximo dunha obra por autor, orixinal e inédita. A técnica será libre. Premio: 2.000€ Data fin: 6 de marzo de 2015 Máis información
I Concurso Internacional de Fotografía de Alicante NOVO Convoca: Ayuntamiento de Alicante Descrición: poderán participar fotógrafos profesionais ou afeccionados. A técnica é absolutamente libre e queda a elección do fotógrafo que sexan en cor ou branco e negro así como o tema. Premios: premio a coleccións: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 700€; premio a fotografías individuais: de 150€ a 500€; premios sociais: de 100€ a 400€ Data fin: 15 de marzo de 2015 Máis información
Concurso de Fotografía Foto Urbe Convoca: Foto Urbe Descrición: o tema de participación deste concurso é a fotografía urbana. Pódese participar con ilustracións, fotografías dende unha cámara reflex ou dende unha cámara de móbil. Premios: 1º premio: 1.200€; 2º premio: edición e deseño dun libro de fotografía; 3º premio: exposición coas 21 imaxes gañadoras no espazo Niu en Barcelona Data fin: 16 de marzo de 2015 Máis información
XVI Certamen Andaluz de Pintura Contemporánea "Ciudad de Torremolinos" 2015 Convoca: Ayuntamiento de Torremolinos Descrición: poderán participar todos os pintores que o desexen. Os autores terán completa liberdade de tema, material, técnica e tendencia artística. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 1.000€ Data fin: 20 de marzo de 2015 Máis información
XXXVI Certamen de Minicuadros Huestes del Cadí NOVO Convoca: Huestes del Cadí, Alacante Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade cun máximo de dúas obras con tema e técnica libres. As pezas premiadas e os accésits formarán parte dun catálogo e de varias exposicións. Premios: premio CADÍ: 1.500€; premio AYUNTAMIENTO DE ELDA: 1.000€; premio LIBERTAD: 1.000€; premio CARTONAJES SALINAS: 1.000€; premio GALWORKER: 500€ Data fin: 20 de marzo de 2015 Máis información
Concurs d'arts visuals. Premi Miquel Casablancas 2015 NOVO Convoca: Ajuntament de Barcelona Descrición: convocatoria nacional de arte nova con catro modalidades: obra, proxecto, publicación e comunicación gráfica. Só poderan participar artistas nacidos logo do 1 de xaneiro de 1979. Premios: obra: 2.000€; proxecto: 3.500 € (2.750€ produción + 750 honorarios); publicación: 2.500€ (2.000€ produción + 500 honorarios); comunicación gráfica: 4.000€. Data fin: 26 de marzo de 2015 Máis información
XXI Premio Nacional de Pintura de Castellón Convoca: Ayuntamiento de Castellón de la Plana Descrición: poderán concorrer a esta convocatoria obras realizadas en calquera técnica pictórica. Premio: 3.000€ Data fin: 27 de marzo de 2015 Máis información
Concurso de Carteles Feria y LXVIII "Fiesta de la Vendimia de la Ciudad de Requena" Convoca: Ayuntamiento de Requena, Valencia Descrición: poderán participar todos os artistas de calquera nacionalidade. O tema será a vendimia, o viño, a festa e Requena. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición. Premio: 900€ Data fin: 31 de marzo de 2015 Máis información Premio de Fotografía Fundación AENA 2015 NOVO Convoca: Fundación AENA, Madrid Descrición: poderán participar todos os fotógrafos residentes en España, así como os que durante o ano 2014 expuseran neste país. O tema será libre e a técnica será a fotografía (dixital ou analóxica) e poden empregarse técnicas complementarias, iluminación, preparación do soporte ou tratamento por ordenador e técnicas de investigación que o autor estime. Seleccionaranse seis fotografías para aparecer nun catálogo. Premios: 1º premio: 10.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 3.000€ Data fin: 31 de marzo de 2015 Máis información
V Beca Photon Festival para autores noveles NOVO Convoca: Photon Festival, Valencia Descrición: convocatoria comprendida no Photon Festival que ten como obxectivo descubrir novos autores no eido da fotografía. Só se aceptarán traballos xornalísticos e de documento social en formato dixital. Poderán participar aqueles autores cuxa traxectoria profesional non estea consolidada, non recibisen ningún galardón de importancia e non publicasen o seu traballo en medios de comunicación de grande alcance. Premios: premio Olleros Abogados: 2.000€ + produción e exposición da obra na convocatoria do ano seguinte; premio Fujifilm España: unha cámara profesional Fujifilm X-T1+18/135mm. Data fin: 31 de marzo de 2015 Máis información
Concurso del Cartel de las "X Fiestas Calatravas 2015" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Alcaudete, Xaén Descrición: poderá participar autores nacionais ou estranxeiros, cun máximo de dúas obras por autor e técnica libre. O tema serán as "X Fiestas Calatravas 2015". Premio: 700€ Data fin: 31 de marzo de 2015 Máis información
CVCEPHOTO, Concurso Internacional de Fotografía de Montaña Donostia - San Sebastián Convoca: CVCEPHOTO, Donostia Descrición: poderán participar todos os fotógrafos afeccionados ou profesionais de calquera lugar do mundo. A temática son as actividades de montaña, é dicir, calquera imaxe relacionada con actividades deportivas (non motorizadas) que se realicen na montaña, por exemplo, alpinismo, escalada, esquí, trecking, BTT, espeleoloxía, parapente, ... As obras seleccionadas formarán parte dunha galería na web. Premios: 1º premio: 1.400€; 2º premio: 600€; 3º premio: 300€ Data fin: 1 de abril de 2015 Máis información
XXXVIII Certamen Nacional de Pintura de Mora Convoca: Ayuntamiento de Mora, Toledo Descrición: poderán participar todos os pintores españois ou estranxeiros, residentes en España, que o desexen. Admitiranse todos os estilos e tendencias, con liberdade de técnicas. A temática será libre. Premios: 1º premio: 3.000€; premio para residentes ou nados en Mora: 800€ + exposición da súa obra Data fin: 1 de abril de 2015 Máis información
IV Festival de Cortometrajes K-Lidoscopi 2015 Convoca: Asociación Cultural K-Lidoscopi, Culllera, Valencia Descrición: poderán participar todos os cineastas e afeccionados residente en España. As curtametraxes clasificaranse nos seguintes grupos: argumental, documental, animación, vídeoarte/experimental. A duración non poderá sobrepasar os 30 minutos. Premios: argumental: 1.000€ + trofeo; animación: 500€ + trofeo; documental: 500€ + trofeo; vídeoarte/experimental: 200€ + trofeo Data fin: 3 de abril de 2015 Máis información
VIII Premio de Videoarte NOVO Convoca: Ayuntamiento de Astillero; El Almacén de las Artes Descrición: está dirixido a calquera persoa, profesional ou afeccionado, sen límite de idade e con independencia da súa nacionalidade. O tema será libre e a duración das curtametraxes será de 1 a 10 minutos. Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 1.000€; dous accésits Data fin: 11 de abril de 2015 Máis información
I Concurso Fotográfico "El Patiaz" Arte Mudéjar Convoca: Asociación Cultural "El Patiaz", Tauste (Zaragoza) Descrición: o obxectivo desta convocatoria é estimular o coñecemento e valoración da Arte Mudéxar. Poderá participar calquera persoa maior de 18 anos e residente en España. O tema do concurso é "Arte Mudéxar". Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras. Premios: 1º premio: 600€; 2º premio: 300€; 3º premio: 150€; dous accésits: 100€ cada un Data fin: 15 de abril de 2015 Máis información
Concurso Internacional de Fotografía 2015 "Sin Fronteras" NOVO Convoca: Alliance Française de España; Alliance Française de Madrid; Fundación Pilar Citoler Descrición: poderá participar calquera persoa con independencia da súa nacionalidade e do seu país de residencia. O tema elixido é "sen fronteiras". As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.700€; 3º premio: 500€; mención especial do xurado Data fin: 16 de abril de 2015 Máis información
XX Concurs de Cartells de Setmana Santa de Oliva NOVO Convoca: Ajuntament d'Oliva, Valencia Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, individualmente ou en grupo, cun máximo de dúas obras. A técnica será libre, pero non se deberán empregar tintas douradas, prateadas ou de cores fluorescentes. Debe figurar o seguinte lema en valenciano: SETMANA SANTA D'OLIVA 2016. As obras serán expostas do 25 de marzo ao 15 de abril de 2015 na Casa da Cultura municipal. Premio: 600€ Data fin: 20 de abril de 2015 Máis información
XXXIX Certamen Nacional de Pintura Vila de Pego 2015 Convoca: Ayuntamiento de Pego, Alacant Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, de calquera nacionalidade, maiores de idade e residentes en España. O tema, a materia e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premio: 3.000€ Data fin: 30 de abril de 2015 Máis información
III Concurso Fotográfico Internacional Cáceres de Foto 2015 NOVO Convoca: Asociación Fotográfica de Extremadura (Extre-FOTO), Cáceres Descrición: certame fotográfico inscrito nas actividades do Festival Cáceres de Foto. Poden participar todos os artistas que o desexen, previo pago dunha cuota de participación de 20€. Cada artista poderá presentar un máximo de tres fotografías para cada unha das dúas seccións temáticas: sección libre e sección Extremadura. A entrega será online en formato dixital. As trinta fotografías que resulten finalistas formarán parte dun catálogo e unha exposición fotográfica. Premio: sección libre: 1º premio: 1.000€ + medalla de ouro; 2º premio: 500€ + medalla de prata; 3º premio: medalla de bronce. Sección Extremadura: 1º premio: 500€ + medalla de ouro; 2º premio: 250€ + medalla de prata; 3º premio: medalla de bronce. Data fin: 30 de abril de 2015 Máis información
VI Premio Internacional de Arte Sobre Papel Fundación Barcelona Olímpica NOVO Convoca: Fundación Barcelona Olímpica, Barcelona Descrición: poderán participar artistas maiores de 18 anos de calquera nacionalidade e lugar de residencia cun máximo de dúas obras. A temática das obras será o deporte ou o olimpismo dende calquera perspectiva. Aceptaránse obras orixinais e non premiadas en ningún outro certame, realizadas en papel con calquera técnica. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 1º premio: 2.500€ + diploma; 2º premio: 1.800€ + diploma; 3º premio: 1.200€ Data fin: 2 de maio de 2015 Máis información
LIII Concurso Internacional de Dibujo 2015 NOVO Convoca: Fundació Ynglada-Guillot, Barcelona Descrición: poderán participar neste concurso todos os artistas españois ou estranxeiros que o desexen. Os debuxos serán en branco e negro. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 4.000€ + mostra individual dos seus traballos máis recentes Data fin: 8 de maio de 2015 Máis información
VII Certamen de Pintura y Fotografía "Ramón Muñoz Torres" Convoca: Instituto de Enseñanza Secundaria "Luis Carrillo de Sotomayor", Baena, Córdoba Descrición: poderá participar calquera persoa, sen límite de idade, cun máximo de dúas obras por autor, orixinais e inéditas. A técnica e a temática serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: a) pintura: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 600€; 3º premio: 400€; b) fotografía: 500€ Data fin: 8 de maio de 2015 Máis información
II Concurso Nacional de Fotografía Deportiva Félix Ordóñez Convoca: Instituto Provincial para el Deporte y Juventud. Diputación Provincial de Burgos Descrición: poderá participar calquera persoa a partir de 16 anos de idade. Haberá dúas categorías: profesionais e afeccionados. O tema será a actividade deportiva en calquera das dúas disciplinas, no ámbito do deporte español profesional ou afeccionado, dentro e fóra das nosas fronteiras. Premios: a) profesionais: 1º premio: 800€; tres mencións: 300€ cada unha; premio especial aos valores deportivos: 500€; b) afeccionado: 1º premio: 600€; tres mencións: 200€ cada unha; premio especial aos valores deportivos: 400€ Data fin: 21 de maio de 2015 Máis información
VIII Concurso de Carteles "San Silvestre Salmantina" Convoca: Club Deportivo Padre Basabe, Salamanca Descrición: poderán concursar todas as persoas que o desexen, sen importar a súa nacionalidade ou residencia. A técnica e as cores serán libres e o tema terá que estar relacionado coa carreira de San Silvestre. Premio: 2.000€ Data fin: 28 de maio de 2015 Máis información
XXIII Edición Huétor Vega Fotografía 2015 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Huétor Vega, Granada Descrición: poderán participar fotógrafos afeccionados ou profesionais de calquera nacionalidade. O tema, formato e número de copias son libres. As obras finalistas serán expostas no Carmen de San Rafael de Huétor Vega do 12 ao 26 de xuño de 2015. Premio: 1º premio: 600€; 2º premio: 350€; 3º premio: 200€ Data fin: 29 de maio de 2015 Máis información
VIII Concurso de Pintura y Escultura Figurativas'15 Convoca: Fundació Privada de les Arts i els Artistes, Barcelona Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen. O tema e a técnica serán libres, pero sempre dentro da modalidade da arte figurativa. A preselección farase por medio do envío dun dossier e imaxe da obra. Premios: 1º premio de pintura: 36.000€; fondo de adquisición de Escultura: 40.000€ Data fin: 30 de maio de 2015 Máis información
V Concurso de Cortometrajes "Cátedra Miguel Hernández" NOVO Convoca: Universidad Miguel Hernández, Elche Descrición: poderá participar calquera persoa que o desexe sen distinción de nacionalidade nin residencia. O tema da produción visual, cuxa duración non excederá os 10 minutos, deberá estar relacionado co poeta Miguel Hernández: a súa vida, a súa obra, actividades hernandianas, etc. Premio: 1º premio: 1.000€ + diploma; 2º premio: 500€ + diploma Data fin: 5 de xuño de 2015 Máis información
INTERNACIONAIS
XVIII Bienal Internacional de Arte de Cerveira NOVO Convoca: Bienal de Vilanova de Cerveira Descrición: poderán presentar un portfolio contendo fotografías das obras da súa carreira artística, un currículo completo e unha memoria descritiva sobre a integración da obra no contexto do tema proposto ("Ollar o pasado para construír un futuro"). As obras seleccionadas formarán parte da bienal e estarán á venda. Tamén serán reproducidas no catálogo da mesma. Premios: premio Camara Municipal e premio revelación: 20.000€; outros premios patrocinados a definir Data fin: 14 de marzo de 2015 Máis información
Vkunst Frankfurt. Selección de propuestas artísticas multimedia internacionales NOVO Convoca: Vkunst Frankfurt Descrición: os escaparates de 25 galerías converterán a rúa Fahrgasse nun museo ao aire libre no que se exhibirán: proxeccións, instalacións interactivas e arte animado por ordenador de perto de 40 artistas. A temática desta edición é "ich bleibe" - "I stay, I remain" (quédome, permanezo). Poderán presentarse artistas multimedia consolidados ou emerxentes de calquera nacionalidade. As solicitudes deberán incluír: unha copia do traballo do artista en soporte dixital, 3 fotogramas, unha breve descrición do traballo e currículo do artista. Premio: exposición + catálogo + 2.500€ Data fin: 27 de marzo de 2015 Máis información
|