CONVOCATORIA DESTACADA Axudas de Produción ARTISTAS 2015 NOVO Convoca: Unidad de Igualdade da Universidade de Vigo e Fundación MARCO Descrición: axuda de produción para a realización dunha exposición individual no Anexo no ano 2016. Esta convocatoria enmárcase no proxecto de visibilización ARTISTAS que a Unidade de Igualdade vén desenvolvendo dende o ano 2014 co obxectivo de apoiar ás alumnas que inician a súa andaina no campo da arte, facilitando a súa incorporación ao espazo artístico profesional. Por tanto, poderán presentarse as alumnas da Universidade de Vigo graduadas en Belas Artes, posgraduadas no Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación ou matriculadas en calquera programa de doutoramento, no curso 2014/2015. Deberá presentarse a seguinte documentación en formato impreso: título do proxecto. Descripción e xustificación do proxecto (máximo 1.000 palabras); requerimentos técnicos do proxecto (formato listaxe); imaxes do proxecto, planos, maquetas —reais ou virtuais—, ou calquera outra documentación que facilite a súa comprensión; bosquexo do deseño expositivo; CV de artista (máximo 300 palabras); dossier impreso co traballo anterior da artista e orzamento estimado do proxecto. Dotación: 4.000€ Data fin: 1 de setembro de 2015 Máis información BOLSAS E PROXECTOS AUTONÓMICOS Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais 2015 Convoca: Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) Descrición: esta convocatoria establece o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas, compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan excluídas as asociacións e entidades sen fins de lucro. Existen catro modalidades de subvencións: Modalidade A1: Distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia; Modalidade A2: Representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia; Modalidade A3: Asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia; Modalidade A4: Distribución de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma. Dotación: a contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria para o conxunto das distintas actividades será de 40.000 euros. Para as modalidades A1 e A2, considéranse gastos subvencionables o desprazamento, transporte, mantenza e aloxamento do persoal artístico e técnico. Para a modalidade A3 considéranse subvencionables os gastos derivados da asistencia á feira, festival ou mercado cultural (desprazamento, transporte, aloxamento, mantenza), así como os dereitos ou as cotas de asistencia e alugamento de espazos de exhibición. Para a Modalidade A4, a subvención poderá cubrir ata o 100% dos custos de persoal artístico e técnico (nóminas e Seguridade Social). Data fin: 31 de agosto de 2015 Máis información ESTATAIS Beca Pilar Juncosa a un proyecto de educación artística Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Mallorca Descrición: bolsa para desenvolver un proxecto na sede da Fundación en Mallorca, que motive o achegamento dun sector de público específico (profesorado, mozos, nenos, adultos, maiores, discapacitados, etc) á arte contemporánea, ademais de estar relacionado co fondo documental e artístico da Fundación ou con calquera outro aspecto da creación contemporánea. Valorarase a viabilidade dos proxecto segundo a infraestructura, organización e equipo da Fundación. Dotación: 4.000€ (1.300€ brutos para o artista e 2.800€ para a realización do proxecto). Data fin: 31 de xullo de 2015 Máis información Becas de formación para participar en los cursos de los talleres de obra gráfica de Joan Miró Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca Descrición: 2 bolsas abertas a artistas interesados nas técnicas de estampación e obra seriada; 1 bolsa de formación para os gañadores do certame de arte gráfica para novos creadores. Dotación: bolsas para estampación e obra seriada: matrícula de balde a un dos cursos dos obradoiros de obra gráfica de Joan Miró + 1000€ para gastos; bolsas de formación para o gañador de novos creadores: matrícula de balde para un dos cursos anuais de obra gráfica da Fundación + ata 1.000 para gastos. Data fin: 31 de xullo de 2015 Máis información Becas de formación artística en otros centros Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca Descrición: 1 bolsa de residencia, formación e participación na Casa de Velázquez de Madrid (hai que presentar un proxecto artístisco que se poida desenvolver na Casa de Velázquez nun máximo de 3 meses); 1 bolsa de residencia, formación e participación na The Slade School of Fine Arts na University College de Londres (é preciso presentar o proxecto en inglés). Dotación: bolsa en Casa de Velázquez: 2.000€; bolsa en The Slade School of Fine Arts: 3.000€ Data fin: 31 de xullo de 2015 Máis información I Convocatoria ENCAC abierta a Artistas y Creadores Audiovisuales NOVO Convoca: ENCAC, European Network for Contemporary Audiovisual Creation Descrición: ofértanse 5 residencias en distintos lugares do mundo co obxectivo de apoiar o traballo colaborativo entre creadores e investigadores nos ámbito do son, as artes visuais e escénicas, a cultura dixital, etc. Os bolseiros terán que realizar cinco traballos de investigación ou produción. Dotación: non consta Data fin: 12 de agosto de 2015 Máis información Beca de Investigación Artística Fundación Banco Sabadell / Hangar NOVO Convoca: Fundación Banco Sabadell, Hangar Descrición: os obxectivos da bolsa son: coaxudar na investigación predoutoral no desenvolvemento do seu proxecto de investigación e o seu traballo experimental e por outro lado, poñer en valor as colaboracións pactadas entre as entidades convocantes e outras entidades asociadas a elas como universidades e centros de investigación. Dotación: honorarios: 4.000€; unha bolsa de produción de ata 5.000€; desprazamento de ida e volta a Barcelona de ata 1.000€; aloxamento e espazos de traballo en Hangar; apoio técnico para o desenvolvemento e produción do proxecto e unha red de colaboradores en Hangar. Data fin: 6 de setembro de 2015 Máis información II Convocatoria de Proyectos Expositivos del CICUS (2016) NOVO Convoca: CICUS, Centro de Iniciativas Culturales de la Universidad de Sevilla Descrición: poderá participar na convocatoria, calquera artista interesado/a. Terá que presentar un proxecto expositivo a realizar dentro do espazo da sala MDD do CICUS. Dotación: non consta Data fin: 30 de setembro de 2015 Máis información CURSOS E OBRADOIROS ESTATAIS El poder de la cultura. Conferencia a cargo de Josep Ramoneda NOVO Convoca: CCCB e Institut d’Humanitats de Barcelona Descrición: Josep Ramoneda reflexiona sobre a cultura, o poder que imprime nas sociedades e a situación actual da mesma. Prezo: de balde Data: 6 de xullo de 2015 Máis información Esmaltes cerámicos, materiales y procesos de prueba Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca Descrición: o curso convida a introducirse no coñecemento e o uso dos materiais, a metodoloxía e o proceso de esmaltado das diferentes pastas cerámicas en baixa e alta temperatura, ademais da utilización de diferentes pastas, esmaltes e estilos decorativos. Prezo: 210€ Datas: 6-17 xullo 2015 Máis información Pioneras del Cine NOVO Convoca: CCCB e Institut d’Humanitats de Barcelona Descrición: aínda que a historia do cine está chea de grandes guionistas, cineastas e montadoras, ao miúdo a súa aportación queda invisibilizada. Este seminario e a investigación que o inspira pretenden recuperar o seu legado. Prezo: xeral: 45€; estudantes, Amigos do CCCB, desempregados, xubilados e maiores de 65 anos: 30€ Datas: 7-15 de xullo de 2015 Máis información Yo perpetré una performance. Taller de performance con Dora García NOVO Convoca: CA2M, Móstoles Descrición: planificar unha “performance” como se fose un crimen. Elixir o emprazamento, pensar as actitudes, sopesar os posibles contratempos e sincronizar os reloxos son soamente algunhas das accións e decisións a abordar neste obradoiro. Prezo: non consta Datas: 13-17 de xullo de 2015 Máis información La pulsión Cine/Arte. Taller de Cine con Lluís Miñarro NOVO Convoca: EACC, Castellón Descrición: o realizador e produtor Lluís Miñarro analizará aspectos relacionados tanto coa dirección das súas películas como tamén coa produción de cine independiente dende a perspectiva europea e española. Prezo: xeral: 30€; Amics de l’Espai: 24€ Datas: 20-22 de xullo de 2015. Inscricións ata o 17 de xullo de 2015 Máis información Artistas y Coleccionistas. Una relación decisiva para el arte contemporáneo NOVO Convoca: Instituto de Arte Contemporáneo e a Asociación de Coleccionistas Privados de Arte Contemporáneo 9915. Impartirase na Península de la Magdalena, Santander. Descrición: o encontro está deseñado para fomentar o coñecemento e a reflexión sobre a relación que se establece entre os coleccionistas e os artistas, tendo en conta tamén a mediación de galeristas como aspectos decisivos do proxecto artístico. Prezo: 230€ Datas: 27-29 de xullo de 2015 Máis información Libros-arte. "Miró y Brossa. La poética del papel" Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Mallorca Descrición: curso-obradoiro de gráfica no que os participantes poderán experimentar diferentes procedementos para crear e editar, de xeito individual ou colectivo, un libro-arte. Prezo: 2175€ Datas: 10-14 agosto 2015 Máis información La Psicología en el Arte. Taller de Retrato NOVO Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid Descrición: neste obradoiro de pintura, dirixido a afeccionados, profesionais e interesados, os alumnos adquirirán os recursos suficientes para achegárense ao retrato, unha disciplina artística que se traduce nun diálogo íntimo entre o pintor e o modelo. Prezo: non consta Datas: 19 de outubro-21 de decembro de 2015 Máis información PREMIOS AUTONÓMICOS II Concurso de Fotografía Digital Ollares de Portonovo NOVO Convoca: Ollares de Portonovo Descrición: poderá participar calquera persoa, fotógrafo profesional ou afeccionado, maior de 18 anos e residente en España. A temática do concurso é libre. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 800€ Data fin: 10 de agosto de 2015 Máis información XX Festival de Cine Internacional de Ourense NOVO Convoca: OUFF e Concello de Ourense Descrición: poderán participar as persoas físicas ou xurídicas con capacidade de obrar (produtores, directores, distribuidores…) que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten a concurso. Estas deberán estar producidas en 2014 ou 2015. As películas seleccionadas serán proxectadas no festival. Premios: Capurnia á mellor película: 7.000€; premio do público á mellor película: 3.000€; premio “Carlos Velo” ao mellor director: 3.000€; premio especial do xurado: 2.000€; premio ao mellor guión: 1.000€; premio á mellor interpretación: 1.000€ Data fin: 1 de setembro de 2015 Máis información Premio Clínica Campos Clinicae Convoca: Campos Clinicae e Asociados, Vigo Descrición: esta convocatoria pretende impulsar proxectos artísticos na sala de conferencias da clínica Campos Clinicae, de 100m2 de superficie. Os soportes admitidos son, ademais dos tradicionais (papel, maquetas, fotografía, etc.), CD ou DVD e calquera formato de Microsoft Office ou libre lectura (PDF, Shockwave, etc.). Premio: 3.000€; (2.000€ de honorarios + 1.000€ para produción) Data fin: 30 de setembro de 2015 Máis información IX Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas Convoca: Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela Descrición: poderán participar artistas que nacesen ou residan en Galicia e non superen os 40 anos a data de 31 de decembro de 2015. A participación poderá ser individual ou colectiva. Deberá presentarse unha única obra inédita e orixinal, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte. As medidas máximas para cada tipo de achega son como seguen: pintura e fotografía: 250x250cm se a obra é única e 400 cm se se trata dun díptico ou serie; escultura: un cubo imaxinario de 250cm de lado e 100kg de peso; instalacións: un cubo imaxinario de 400x400 cm de base; videocreación: enviarase o vídeo orixinal coa documentación. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 1.000€ e intervención inédita na Zona C por un importe máximo de 2.500; un accésit de 1.000€. Data fin: 30 de outubro de 2015 Máis información ESTATAIS XXXI Certamen de Artes Plásticas de Ciudad Rodrigo 2015 Convoca: Corporación Municipal Mirobrigense, Salamanca Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen, sen distinción de residencia ou nacionalidade. A modalidade será a pintura. A técnica e o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 2.531,64€; accésit: 379,75€ Data fin: 29 de xullo de 2015 Máis información XVI Premio de Artes Plásticas Pere Romeu de Pintura Convoca: Ayuntamiento de Torredembarra, Tarragona Descrición: o tema será libre. Poderá presentarse unha soa obra por participante ou unha serie de cómo máximo tres imaxes, de técnica libre. Premio: 1.000€ Data fin: 31 de xullo de 2015 Máis información XVI Premio de Artes Plásticas Pujol Montané de Escultura Convoca: Ayuntamiento de Torredembarra, Tarragona Descrición: o tema será libre. Poderá presentarse unha soa obra por participante, con técnica libre. Premio: 1.000€ Data fin: 31 de xullo de 2015 Máis información Premio Bienal Pilar Juncosa y Sotheby’s Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca Descrición: nesta convocatoria búscase potenciar os proxectos artísticos vinculados aos obradoiros de obra gráfica de Joan Miró situados na masía do século XVIII de Son Boter. Por isto, a Fundación premiará a produción dun proxecto artístico relacionado coa obra seriada ou a arte múltiple en todas as súas posibles manifestacións (escultura, cerámica, vídeo, fotografía, obra gráfica, etc.) e que poida desenvolverse todo ou en parte nos obradoiros de obra gráfica de Miró. Premio: 20.000€ (6.000€ como premio e o resto destinado á produción da obra) Data fin: 31 de xullo de 2015 Máis información XXX Premio Hispanoamericano de Pintura “Diego de Losada” NOVO Convoca: Ayuntamiento de Rionegro del Puente, Zamora Descrición: poderán participar todos os españois e hispanoamericanos, de calquera idade, non premiados neste certame os últimos tres anos. A temática será libre. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 2.100€ + trofeo + lote de libros; accésit: 1.000€ + placa + lote de libros Data fin: 4 de agosto de 2015 Máis información XIV Concurso Nacional de Pintura Villa de Sotillo 2015 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Villa de Sotillo, Ávila Descrición: poderán participar persoas españolas ou estranxeiras. O tema e a técnica serán libres. Premios: 1º premio: 2.000€ + exposición individual; 2º premio: 900€ Data fin: 7 de agosto de 2015 Máis información Premio Ciudad de Alcalá de Fotografía 2015 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Alcalá de Henares Descrición: poderán participar fotógrafos que presenten un traballo orixinal e inédito dos seguintes ámbitos: fotoxornalismo-documental; paisaxe, arquitectura e patrimonio; autor. Fotografía conceptual ou artística. Premio: 3.000€ Data fin: 28 de agosto de 2015 Máis información XXXIX Certamen Nacional de Pintura “Ciudad de Manzanares” NOVO Convoca: Ayuntamiento de Manzanares Descrición: poderán participar todos os artistas residentes en España que o desexen. O tema e a técnica son libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: fondo adquisición Ayuntamiento de Manzanares: 7.000€; fondo adquisición da Diputación Provincial de Ciudad Real: 3.500€ Data fin: 28 de agosto de 2015 Máis información III Premio de Grabado Xilográfico “La Torre de L’Encenall” Convoca: Ayuntamiento de Torredembarra, Tarragona Descrición: poderán presentarse artistas de calquera nacionalidade. O tema será libre e a técnica será a xilografía. Premio: 1.000€ Data fin: 31 de agosto de 2015 Máis información IV Concurso Fotográfico Centro Médico Alejo Leal NOVO Convoca: Centro Médico Alejo Leal, Cáceres Descrición: poderán participar todas as persoas, afeccionadas ou profesionais da fotografía. O concurso versará sobre “A Fauna Salvaxe”. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 1.000€ + diploma acreditativo; 2º premio: 500€ + diploma acreditativo; 3º premio: 250€ + diploma acreditativo Data fin: 11 de setembro de 2015 Máis información Premi Internacional Ramón Roca Boncompte de Gestión Cultural Convoca: Ros Roca Group e Fira Tàrrega Descrición: a temática serán estudos inéditos no campo da xestión da cultura. O premio quere promover a aparición de estudos de carácter, dimensión e aplicabilidade universais cuxo corpo sexa marcadamente reflexivo e ensaístico. Teranse en consideración catro grandes criterios: a relevancia e a innovación reflexiva; a capacidade social, política e cultural de transformación; a aplicabilidade propositiva e o rigor metodolóxico de ensaio. Premio: 6.000€ Data fin: 15 de setembro de 2015 Máis información III Concurso de Pintura Valencia Cuna NOVO Convoca: Festival Internacional de Ajedrez Valencia Cuna Descrición: poderán participar todos os artistas nados ou residentes en España, sen límite de idade. O tema será “o mundo do xadrez” e a técnica pictórica será libre. Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 500€; 3º premio: 300€ Data fin: 15 de setembro de 2015 Máis información Art Nalón 2015 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Langreo Descrición: poderán participar todos os artistas novos nados ou residentes en España, menores de 36 anos. As modalidades admitidas serán: pintura, escultura e gravado. A selección levarase a cabo mediante un dossier informativo. Premios: 1º premio: 2.000€ + exposición individual; accésit (só artistas residentes na Cunca do Nalón): 1.500€ + exposición individual Data fin: 20 de setembro de 2015 Máis información XXVII Concurso Nacional de Artes Plásticas Lora del Río “Miguel González Sandoval” 2015 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Lora del Río, Sevilla Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, residentes en España. Haberá dúas modalidades: pintura e escultura. A técnica, a temática e a tendencia estética serán libres. Premios: 1.500€ por modalidade Data fin: 26 de setembro de 2015 Máis información XLVIII Certamen de Pintura “Vila de Sant Joan D’Alacant” NOVO Convoca: Ayuntamiento de Sant Joan D’Alacant Descrición: poderán participar artistas de todo o territorio estatal. A temática e a técnica serán libres. Premios: 1º premio: 3.200€ + placa; Premio Joven: 500€ + placa Data fin: 30 de setembro de 2015 Máis información Propuestas VEGAP NOVO Convoca: Vegap e Z Espacio Cultural Ignacio Zuloaga Descrición: concurso que financia a creación de obras de artes plásticas, ilustración, fotografía, novas formas de expresión artística e deseño. Poderán participar creadores visuais residentes en España que non tivesen recibido axudas nas últimas convocatorias. Premios: 1º premio por categoría: 16.000€ cada unha; 2º premio por categoría: 8.000€ cada unha Data fin: 1 de outubro de 2015 Máis información XXXVI Concurso de Fotografía Vila D’Ibi 2015 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Ibi, Alacante Descrición: poderán participar todos os fotógrafos residentes en España. O tema será libre e poderán presentarse fotografías en branco e negro ou en cor. Os premios das coleccións non esixirán unidade temática e estarán compostas por 5 fotografías. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio de honra á mellor colección: 1.200€; tres 1º premios individuais: 300€ cada un; 1º premio á mellor colección: 800€; premio local: 300€ Data fin: 4 de outubro de 2015 Máis información XX Certamen de Pintura Fundación Gaceta Regional NOVO Convoca: Fundación Gaceta Regional, Salamanca Descrición: poderán participar pintores de calquera nacionalidade, menores de 34 anos. A temática, o procedemento e a técnica serán libres. Premios: 1º premio: 6.000€ + exposición individual; 2º premio: 3.000€; 3º premio: 2.000€; dous accésits: 1.000€ cada un Data fin: 15 de outubro de 2015 Máis información IX Concurso Internacional de Pintura Fundación AguaGranada NOVO Convoca: Fundación AguaGranada Descrición: poderán participar pintores de calquera nacionalidade. O lema do concurso é “Granada: La huella del Agua”. Só poderá presentarse unha obra por persoa. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.000€ Data fin: 23 de outubro de 2015 Máis información VII Concurso de Pintura Aguas de Barbastro NOVO Convoca: Ayuntamiento de Aguas de Barbastro, Huesca Descrición: poderán participar todos os artistas plásticos que o desexen, sen importar a súa nacionalidade. A técnica e o tema serán de libre elección. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 3.000€ Data fin: 30 de outubro de 2015 Máis información |