rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Verán 2017


BOLSAS E PROXECTOS

AUTONÓMICA

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais    NOVO
Convoca: AGADIC
Descrición: estas axudas teñen como obxectivo promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra de Galicia, fomentando a captación de públicos e axentes culturais.
Dotación: non consta
Data fin: 31 de agosto de 2017
Máis información

ESTATAIS

III Beca de Investigación Artística Fundación Banco Sabadell – Hangar   
NOVO
Convoca: Fundación Banco Sabadell e Hangar, Barcelona
Descrición: os obxectivos principais da bolsa son, por un lado, coaxudar á investigador/a predoutoral no desenvolvemento do seu proxecto de investigación e o seu traballo experimental; e por outro lado, poñer en valor as colaboracións pactadas entre as entidades convocantes e outras entidades asociadas a elas como universidades e centros de investigación. A duración da bolsa será de catro meses. 
Dotación: honorarios: 4.000€; bolsa de produción: ata 5.000€; desprazamento ida e volta a Barcelona: ata 1.000€; aloxamento e espazos en Hangar; apoio técnico para o desenvolvemento e produción do proxecto; a rede de colaboradores de Hangar.
Data fin: 2 de outubro de 2017
Máis información


CURSOS E OBRADOIROS

ESTATAIS

¿Archivo Queer?. Prácticas de una memoria disidente    NOVO
Convoca:  MNCARS, Madrid
Descrición: serán dúas mesas redondas para debater en torno ao Arquivo Queer?, un proxecto que abarca materiais e documentos do activismo LGTBIQ español dos noventa, vinculado principalmente aos colectivos madrileños La Radical Gai e LSD.  
Prezo: entrada libre ata completar aforo
Data: 6 de xullo de 2017
Máis información

El retrato decisivo    NOVO
Convoca: Fundación Telefónica, Madrid
Descrición: neste obradoiro os participantes reflexionarán sobre a fotografía, centrándose no retrato fotográfico no sentido máis amplo. Intentarán afondar na súa visión fotográfica, nas suas obsesións e na sua maneira de expresarse coa forza extraordinaria da fotografía.
Prezo: non consta
Datas: 11 de xullo de 2017
Máis información

Luz y color en la pintura. El mito de Venecia    NOVO

Convoca: Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid
Descrición: curso destinado a historiadores e público en xeral que aborda a importancia da cor como factor decisivo na práctica artística dos pintores occidentais, prestando especial atención ao papel de Venecia como lugar de importancia decisiva pola riqueza do seu colorido e unha peculiar maneira de graduar a iluminación.
Prezo: xeral: 124€; estudantes e mestres da UNED, familias numerosas e desempregados: 75€; alumnado con discapacidade ou vítimas do terrorismo: 25€; beneficiarios de familia numerosa especial: de balde.
Datas: 12-14 de xullo de 2017
Máis información

“Desarrollo web para artistas”. Curso de HTML5 y CSS3   NOVO

Convoca: BilbaoArte
Descrición: curso teórico/práctico de iniciación á linguaxe web (HTML5 e CSS3) orientado á creación artística. O obxectivo será facer comprensible a linguaxe de Internet e capacitar aos usuarios para a lectura e edición de código co fin de crear un proxecto persoal.
Prezo: 140€; artistas/usuarios e participantes en anteriores obradoiros de BilbaoArte: 125€
Data: 1-11 de agosto de 2017. Inscricións ata o 14 de xullo.
Máis información

Coleccionismo, Arte Contemporáneo y sociedad. El milenio revisitado    NOVO

Convoca: Universidad Internacional Menéndez Pelayo
Descrición: neste curso abordarase a complexa relación entre o patrimonio artístico en mans privadas, o museo público e as audiencias da arte.
Prezo: 230€
Datas: 17-19 de xullo de 2017. Inscricións ata o 16 de xullo
Máis información

Taller de Net art y diseño interactivo para la web    NOVO

Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: neste obradoiro estudiaranse casos referenciais de prácticas artísticas e activistas que utilizan a viralidade, a inmediatez e a sociabilidade da rede para producir e difundir accións interactivas, sen intermediarios nin límites xeográficos e de modo colaborativo e aberto á participación. 
Prezo: 120€
Datas: 17, 19, 20, 24 e 26 de xullo de 2017
Máis información

“Performance Art”. Conferencia y Performance de Héctor Canonge y Verónica Peña   NOVO

Convoca: BilbaoArte
Descrición: na conferencia previa á “performance” os artistas falarán sobre a súa práctica en relación á arte da “performance”, o seu proceso creativo individual e o seu traballo en colaboración. Tratarán temas relacionados coa identidade, o desprazamento humano, a memoria, a resistencia e os retos persoais.
Prezo: non consta
Data: 19 de xullo de 2017
Máis información

Curso de Serigrafía “El color en la serigrafía. Recursos de creación/Elaboración de una imagen”   NOVO

Convoca: BilbaoArte
Descrición: ao longo das sesións deste curso levaranse a cabo exercicios de experimentación e veranse diversas estratexias para a construción da imaxe. Os distintos temas tratados serán: distribución das áreas da cor; superposición, xustaposición, separación e reservas de cor; a opacidade da cor; a transparencia da cor; efectos da cor: degradados, texturas, etc.
Prezo: 100€; usuarios e participantes en anteriores obradoiros de BilbaoArte ao longo de 2016/2017, bolseiros de 2017 e usuarios da Fundación BilbaoArte: 75€
Datas: 7-11 de agosto de 2017. Inscricións ata o 21 de xullo.
Máis información

Full Frame: Gustavo Alemán en conversación con Daniel Mayrit   NOVO

Convoca: CendeaC, Murcia
Descrición: a idea deste ciclo de conferencias é a de crear unha contorna de debate amable, compartir experiencias, mostrar ao público as novas ideas e poñer de exemplo exposicións, proxectos, fotolibros, etc. que dean pé a experiencias similares na nosa contorna.
Prezo: non consta
Data: 21 de setembro de 2017
Máis información

Taller “La cera como material escultórico aplicada a la fundición artística”    NOVO

Convoca: Universidad de Verano de Teruel
Descrición: os obxectivos do obradoiro serán: coñecer as posibilidades plásticas e expresivas da cera aplicada ao modelo escultórico; manipular a composición estrutural da cera para coñecer as súas limitacións; usar os mecanismos creativos e de investigación durante o desenvolvemento do proceso de materialización da escultura en cera; adecuar as técnicas e os procedementos ao proxecto persoal a desenvolver para conseguir a expresividade que se persegue; resolución técnica; experimentación e investigación persoal; presentación e montaxe.
Prezo: xeral: 125€; reducida: 95€
Datas: 2-5 de outubro de 2017
Máis información

Nelly Richard. La artisticidad del arte: bordes, enmarcado y contexto    NOVO

Convoca:  MNCARS, Madrid
Descrición: nesta edición das conferencias maxistrais impartidas no MNCARS, a invitada será Nelly Richard. O seu traballo teórico destaca por entrecruzar os debates sobre identidade e xénero coa crítica á produción de sentido orixinada no pensamento francés postestruturalista. 
Prezo: entrada libre ata completar aforo
Datas: 19-20 de outubro de 2017
Máis información


PREMIOS

AUTONÓMICOS


V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea    NOVO
Convoca:  Festival Outono Fotográfico, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia
Descrición: poderá participar calquera autor ou autora que traballe coa fotografía con independencia da súa nacionalidade. O obxectivo do premio é promover a fotografía contemporánea e as cuestión éticas que presenta, en xeral, a arte contemporánea con respecto ás formas de dominación e imposición de límites do pensamento. Ademais, promover a creación dun espazo en Galicia que complemente ao creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas por parte dos autores/as tanto nacionais como de fóra.
Premio: 8.000€ + produción dunha exposición e publicación dun libro
Máis información

Premio de Cartelismo Francisco Mantecón - Bodegas Terras Gauda   
Convoca: Bodegas Terras Gauda, O Rosal
Descrición: artistas gráficos, así como universidades e estudios de deseño de todo o mundo, están invitados a participar neste certame de cartelismo.
Premios: 1º premio: 10.000€; dous accésits e mención especial: 2.000€ cada un
Data fin: 30 de setembro de 2017
Máis información

X Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2017    NOVO
Convoca: Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Descrición: poderán participar artistas que nacesen ou residan en Galicia e sexan menores de 40 anos. A participación poderá ser individual ou colectiva. Cada artista/colectivo poderá participar cunha soa obra, única ou serie, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación…). A fase de selección farase por medio da valoración da documentación que presenten as/os artistas. A segunda fase será o envío da obra seleccionada que formará parte da exposición.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: intervención na Zona C
Data fin: 6 de outubro de 2017
Máis información

ESTATAIS

X Premio de Expresión Plástica Fundación Ramón J. Sender UNED-Barbastro    NOVO
Convoca: Fundación Ramón J. Sender e UNED Barbastro
Descrición: poderán participar artistas nados ou residentes na Unión Europea. Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras con total liberdade en canto ao tema, técnica e estilo. As pezas seleccionadas, formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 3.000€ + exposición individual; 2º premio: 2.000€
Data fin: 7 de xullo de 2017
Máis información

XXXII Premio BMW de Pintura    NOVO
Convoca: BMW
Descrición: poderán participar artistas nados ou residentes en España, maiores de 18 anos agás para participar na categoría “Premio BMW al Talento más Joven”. Tanto a técnica pictórica como o tema serán libres. A selección será previa ao envío das obras mediante a revisión da documentación presentada polos artistas e as obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: Premio BMW de Pintura: 25.000€; Bolsa Mario Antolín á axuda á investigación pictórica: 8.000€; premio á innovación: 6.000€; premio BMW ao talento máis novo: 4.000€.
Data fin: 27 de xullo de 2017
Máis información

I Convocatoria Abierta Dadá-Studios 2017    NOVO

Convoca: Galería Dadá Studios, Barcelona
Descrición: o obxectivo do premio é establecer novas redes de contacto entre galería e artistas, ofrencendo un novo espazo expositivo, e ao mesmo tempo, poder nutrirse a galería de novos creadores ou creadoras que aporten identidade ao seu proxecto, que formen parte do fondo da galería e exista así a posibilidade de participar no calendario expositivo da galería e en futuras feiras. Poderá participar calquera artista, sen distinción de idade, nacionalidade ou disciplina artística. Tanto o formato coma a técnica e o tema serán libres.
Premio: 2.000€ en concepto de adquisición de obra e a realización dunha exposición individual na Galería ao longo de 2018
Data fin: 15 de outubro de 2017
Máis información

 

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.