rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CASAS DE CARTÓN. Taller de material reciclado

CASAS DE CARTÓN. Taller de material reciclado

Datas: 
18 maio 2023 - 8 xuño 2023
Lugar: 
Galería B3, 1º andar


Un proxecto de Ignacio Pérez-Jofre promovido por Emaús e Provivienda


Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Datas: do 18 de maio ao 8 de xuño
Gratuíto. Prazas limitadas ata completar capacidade
Para público en xeral: calquera persoa, colectivo ou asociación, individualmente ou en grupo
Previa inscrición en participa@emaus.com

Xoves e venres, de 18,00 a 20,00

Conducidos por Ignacio Pérez-Jofre, coa colaboración de Julio Catalán, Álex Fuertes, Gloria Lorenzo, Marta Regojo

Para grupos de escolares a partir de 3 anos: de martes a venres, de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00.
Previa cita en comunicacion@marcovigo.com

Conducidos por persoal Didáctica MARCO

CASAS DE CARTÓN é un proxecto de creación colectiva no que construiremos casas a partir de pezas de cartón, coas que posteriormente montaremos unha grande instalación na rúa. Con CASAS DE CARTÓN pretendemos incentivar unha reflexión sobre as implicacións metafóricas derivadas da unión dun material (o cartón) e un motivo (a casa), e a capacidade de xerar un pensamento visual crítico sobre urbanismo, arquitectura, desigualdade e exclusión residencial.