![Club de Lectura #BiblioMARCO 2024– 2025 [PRAZAS ESGOTADAS]](/sites/default/files/Club_600x200_0.jpg)
Club de Lectura #BiblioMARCO 2024– 2025 [PRAZAS ESGOTADAS]
O Club de Lectura #BiblioMARCO estrea nova tempada (outubro 2024 – maio 2025)
O martes 17 de setembro ás 9.00 abrirase o prazo de inscrición, gratuíta e con prazas limitadas a 15 participantes por grupo.
Organizado pola Biblioteca-Centro de documentación, é unha actividade concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas na relación entre literatura e a arte nas súas múltiples manifestacións.
INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS a partir do 17 de setembro, ás 9.00
Non se terán en conta as solicitudes recibidas antes desa data e horario.
Exclusivamente a través do correo-e centro.documentacion@marcovigo.com
Indicando: nome, apelidos, teléfono de contacto, grupo/s no/s que lle gustaría participar por orde de preferencia, e se son membros da AAM (no seu caso). Máximo 1 solicitude de alta por correo-e recibido.
Capacidade máxima de 15 participantes por grupo (reserva 20% para membros AAM)
Club de Lectura #BiblioMARCO
TEMPADA 2024-2025
A partir do mes de outubro, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO reinicia as actividades do seu Club de Lectura, con tres novos grupos (dous presenciais e un virtual), cada un limitado a 15 participantes. As sesións terán lugar unha vez ao mes.
Lugar: MARCOTECA (1ª planta) / Zoom na sesion virtual
Horario: de 19.00 a 20.30
Datas:
GRUPO 1 [presencial] = 2º mércores de cada mes
Presentación - 1ª sesión GRUPO 1: mércores, 9 de outubro
GRUPO 2 [presencial] = 2º venres de cada mes
Presentación - 1ª sesión GRUPO 2: venres, 11 de outubro
GRUPO 3 [virtual] = 3º xoves de cada mes
Presentación - 1ª sesión GRUPO 3: xoves, 17 de outubro
LIBROS COMENTADOS
Arlette Farge. La atracción del archivo / Santiago Lorenzo. Los huerfanitos / Art Spiergelman. Maus / Han Kang. A vexetariana / Rafael Chirbes. París-Austerlitz / Maryse Condé. Historia de la mujer caníbal
ACTIVIDADES PARALELAS
Visita á exposición Todavía siempre de Laía Argüelles Folch, na compaña da artista, quen seleccionou o primeiro libro da tempada
https://www.marcovigo.com/gl/content/actividade-complementaria-club-de-lectura-bibliomarco
Visita guiada á Sala Ártika
Coñecer por dentro un teatro independente, en relación ao libro Los Huerfanitos de Santiago Lorenzo.
Proxección do filme "Unicorn Wars"
https://www.marcovigo.com/gl/content/proxecci-n-do-filme-unicorn-wars
Coloquio "Teatro para ler?. Charla-Coloquio con Paula Carballeira, Fran Núñez, AveLina Pérez e Xesús Ron. Conducido por Camilo Franco
https://www.marcovigo.com/gl/content/teatro-para-ler-charla-coloquio-con-paula-carballeira-fran-n-ez-avelina-p-rez-e-xes-s-ron-co
Visita guiada á exposicións do MARCO:
Susanne S.D. Themlitz. A linguaxe das cousas mudas
Érguete. A pegada das nais. Un berro que cambiou a sociedade
O Club #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea. A iniciativa xorde na tempada 2019-2020, con varios grupos presenciais, aos que posteriormente se sumou outro virtual, unha modalidade que permite superar limitacións físicas e facilitar o acceso á cultura. O obxectivo é construír un espazo de debate e pensamento crítico en torno aos múltiples temas que aparecen nos libros e achegar, por esta vía, a arte contemporánea a novos públicos. Co tempo, o club #BiblioMARCO foi xerando unha sensación de comunidade que o convirte nun espazo de vinculación intelectual e tamén afectiva.
As sesións compleméntanse con actividades paralelas vencelladas ás lecturas de cada tempada. Entre as máis recentes, a mesa redonda “Disquesomos. Creatividade e edición na Galicia de hoxe”; a proxección do documental “Excluidas del paraíso”; ou a conversa con Marcos Giralt Torrente sobre o seu libro La pintura de un padre; ademais de visitas comentadas ás exposicións do MARCO.
CONSULTA AQUÍ a memoria de LECTURAS e ACTIVIDADES paralelas de anteriores tempadas.
Biblioteca-Centro de Documentación
A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, situada no 1º andar do Museo, é un servizo con entrada libre para todo tipo de públicos, que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea. O fondo bibliográfico ascende a 8.256 publicacións que abranguen áreas como teoría da arte, filosofía, historia, pedagoxía, museología, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías, catálogos de artistas e catálogos colectivos, ademais dunha hemeroteca de revistas especializadas.
HORARIO:
Martes, mércores e xoves: de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00 / Venres, de 11.00 a 14.15 (agás feirados)
Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario.
Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| NP_nova tempada Club BiblioMARCO_2024-25_gal.pdf | 455.22 KB |