rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Concerto Nadal AAM. Eleasong

Concerto Nadal AAM. Eleasong

Datas: 
17 decembro 2022
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
19.00
Prezo: 
Taquilla inversa

Para rematar o 2022, traémosvos unha proposta musical diferente da man de “Elasong”, o coro feminino vigués fundado pola cantante Carmen Rosende e o pianista Alberto Sánchez no ano 2015.

“Elasong” conta cun repertorio moi singular e afastado do que acostumamos a escoitar noutras formacións corais, centrándose no rock e no pop dos anos 60 e 70, con arranxos propios sobre temas coñecidos por todo o público e tamén algunha que outra xoia oculta. 

Para este espectáculo utilizaremos o método da taquilla inversa. Para quen non o coñeza, dicirvos que é tan sinxelo como pagar á saída a cantidade que cada quen crea que vale o espectáculo.

Descarga: