rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Conversa Cristina Sánchez-Andrade/Andrea Costas Lago

Conversa Cristina Sánchez-Andrade/Andrea Costas Lago

Datas: 
31 maio 2022
Horario: 
19.00
Lugar: 
Salón de actos
Prezo: 
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade

Fin de tempada 2021-22 Club de Lectura #BiblioMARCO

Conversa Cristina Sánchez-Andrade/Andrea Costas Lago

O Club de Lectura #BiblioMARCO pecha esta tempada cun encontro entre Cristina Sánchez-Andrade e Andrea Costas Lago, dirixida a participantes do Club de Lectura e aberta ao público en xeral. Escritora e artista conversarán sobre a súa actividade creativa e sobre os medos universais, un fío condutor presente en todas as lecturas elixidas durante os últimos meses.

Trátase dunha das actividades complementarias do Club #BiblioMARCO, que retomará a súa programación coa apertura de inscricións a partir do 19 de setembro.

Martes 31 de maio ás 19.00, no salón de actos

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade

Posibilidade de reserva de praza para participantes Club de Lectura e membros AAM Agrupación Amiga do MARCO en centro.documentacion@marcovigo.com (ata o 30 de maio)

O martes 31 de maio o salón de actos do MARCO acollerá un encontro entre a escritora Cristina Sánchez-Andrade, autora dun dos libros desta tempada do Club de Lectura, e a artista Andrea Costas Lago, que o próximo outono protagonizará unha exposición no MARCO. Encadrada na programación do Club de Lectura #BiblioMARCO, a actividade será presentada e moderada por o seu responsable Iria Fernández Mouriz.

Organizado pola Biblioteca-Centro de documentación, o Club #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentales das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea. O obxectivo é constituír un espazo de debate e pensamento crítico en torno aos múltiples temas que aparecen nos libros e achegar, por esta vía, a arte contemporánea a novos públicos.

Nesta ocasión, o punto de partida e o fío condutor do encontro entre Cristina Sánchez-Andrade e Andrea Costas Lago é unha reflexión en torno ao medo como experiencia universal. Unha conexión que, de forma inconsciente, está presente en todas as lecturas elixidas para as sesións do Club dos últimos meses:

Dende o medo á soidade e ao rexeitamento en La ciudad solitaria (Olivia Laing), ata a perda de control e a enfermidade mental en La paciente silenciosa (Alex Michaelides), pasando polos mundos descoñecidos e a perda da memoria en Ardalén (Miguelanxo Prado); o temor á maternidade e as relacións tóxicas en La anguila (Paula Bonet), ou o terror sutil, froito do coñecemento e da ignorancia, na propia novela de Sánchez-Andrade, Las inviernas.

A tenda-libraría LASAL BOOKS, con sede no MARCO, colaborará nesta actividade situando xunto á entrada do salón de actos unha selección de libros de Cristina Sánchez-Andrade, e publicacións de arte contemporánea relacionadas co tema da sesión.

+ INFO Cristina Sánchez-Andrade
https://www.anagrama-ed.es/autor/sanchez-andrade-cristina-952

+ INFO Andrea Costas Lago
http://www.andreacostas.com/

+ INFO Club Lectura
http://www.marcovigo.com/es/content/club-de-lectura-bibliomarco