rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Convocatoria. #Clínica Colectiva de Proxectos / #Salón do MARCO. Un lugar para facer

Convocatoria. #Clínica Colectiva de Proxectos / #Salón do MARCO. Un lugar para facer

Datas: 
5 maio 2017 - 26 maio 2017


Convocatoria
#Clínica Colectiva de Proxectos
Aberta ata o 15 de maio
#Salón do MARCO. Un lugar para facer


Non estamos solas, vivimos en común e por iso cómpre crear espazos de encontro nos que tecer diálogos e conversas. Moitas das persoas involucradas no eido da arte, da cultura ou do pensamento contemporáneo, traballan a través de proxectos. Presentanse propostas a convocatorias, premios, axudas e na maioría dos casos, esto faise de forma individual, cada un de xeito aillado ponse diante do ordenador a redactar a idea que lle ronda os miolos.

E se foramos quen de tecer un lugar de encontro no que problematizar os nosos proxectos, ou ideas? e cuestionalas de forma colaborativo e horizontal? Eso é o que propoñemos dende a Clínica Colectiva de Proxectos. A través deste novo espazo procuramos xuntarnos en catro sesións nas que pensar en común os nosos proxectos. Ver como poden mellorarase, cuestionar os seus impactos, pensar nos retornos sociais ou ver como é posible procurar financiamento.

A través da Clínica Colectiva de Proxectos reunirase un grupo de persoas, que a modo de comunidade epistémica pensarán en colectivo as ideas e proxectos que se presenten, co obxectivo de melloralas entre todas as persoas participantes. A Clínica quere ser un espazo de intercambio de información entre pares, a modo de rede P2P na que xerar un espazo horizontal e participativo.

Para iso lanzamos esta convocatoria, que estará aberta até o 15 de maio. Todas as persoas/colectivos interesados poden enviar a súa proposta de idea ou proxecto. Poden presentarse propostas en execución, ou ideas argumentadas, tanto no ámbito artístico, como cultural ou de investigación experimental. Entre todas as propostas seleccionarase un total de 10, en función do seu grao de innovación, de relevancia social, e de impacto cidadá.

As sesións de traballo da Clínica Colectiva de Proxectos terán lugar o xoves 18, venres 19 , xoves 25 e venres 26 de maio, de 18.00 a 20.00, no Salón do MARCO, serán gratuítas, e desenvolveranse a través de procesos de aprendizaxe colectiva e metodoloxías participativas.

Contacto e solicitude de participación:

As persoas/colectivos interesados deben enviar as súas propostas ao email salondomarco@marcovigo.com   indicando no asunto: “Proposta para a Clínica”, e achegar un documento no que se exlique brevemente a proposta (máximo 2 páx.)

Prazo límite solicitudes: venres 15 de maio, ás 14.00