rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CONVOCATORIA PROXECTOS / ANEXO 2017

CONVOCATORIA PROXECTOS / ANEXO 2017

Datas: 
7 xuño 2016 - 28 xullo 2016
Lugar: 
ANEXO

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lanza unha convocatoria aberta para a programación do Anexo 2017, sala de proxectos ubicada no vestíbulo principal do museo.

Este lugar tivo diferentes usos dende a apertura do MARCO en 2002, principalmente como espazo de tenda-libraría, ata o ano 2014. Dende xaneiro de 2015 funciona como sala de proxectos (recuperando o espírito do anterior Espazo Anexo na praza peonil posterior).

Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, a liña de programación do actual Anexo pon especial énfase na produción propia: trátase de proxectos específicos para este espazo, formulados como ciclos de exposicións como parte dun mesmo comisariado, con periodicidade anual. O Anexo acolleu ata o momento os ciclos de exposicións “Intertextual” (2015) e “Problemáticas” (2016) .

O Anexo é un espazo que dispón dunha situación privilexiada no vestíbulo do MARCO, con acceso independente das outras salas do edificio e como lugar de tránsito entre o Museo e outros servizos, o que permite afrontar novos usos.

Esta convocatoria ofrece a oportunidade de programar a actividade do Anexo entre marzo de 2017 e xaneiro de 2018.

O prazo límite para a presentación dos proxectos é o 28 de xullo de 2016. Non se aceptarán proxectos recibidos con posterioridade a esta data.

Para calquer dúbida ou cuestión relacionada na presentación dos proxectos, contactar no enderezo electrónico info@marcovigo.com