rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
DIM 2021 - 18 de maio: Día Internacional dos Museos “O futuro dos museos. Recuperar e reimaxinar”

DIM 2021 - 18 de maio: Día Internacional dos Museos “O futuro dos museos. Recuperar e reimaxinar”

Datas: 
18 maio 2021 - 21 maio 2021

O MARCO celebra unha data tan especial con obradoiros para público infantil e adulto, que se escalonarán durante catro días consecutivos, do 18 ao 21 de maio, xunto a visitas guiadas á exposición 4 PROXECTOS e actividades do Club de Lectura.

https://bit.ly/3y9INJK

#DIM2021 #OFuturoDosMuseos @ICOMOfficiel 

O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2021

O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar o público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, cada 18 de maio miles de museos de países e territorios en todo o mundo celebran este día en torno ao tema elixido polo ICOM para cada edición —incluído o pasado 2020, cun altísimo índice de participación a pesar das limitacións impostas por un formato exclusivamente dixital.

A crise da Covid-19, propagada polo mundo enteiro, tivo graves repercusións no sector cultural a curto e longo prazo. Non obstante, tamén serviu de catalizador para innovacións cruciais que xa estaban en marcha. En particular, un maior enfoque cara á dixitalización e a creación de novas formas de experiencia e difusión, e o reforzo do potencial creativo da cultura como motor de recuperación e innovación na era post-Covid.

Co tema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”, o Día Internacional dos Museos 2021 invita aos museos, aos seus profesionais e ás comunidades a crear, imaxinar e compartir novas prácticas de (co)creación de valor, novos modelos de negocio para as institucións culturais, e solucións innovadoras para os retos sociais, económicos e ambientais do presente.

As actividades xirarán ao redor da exposición “4 PROXECTOS. Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar Vicente”, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa. O diálogo cos distintos espazos, que está na base deste proxecto expositivo, será o eixe condutor dos percorridos e talleres sobre a obra de cada artista.

En liña co lema do ICOM para esta edición, trátase de crear, imaxinar e compartir propostas contemporáneas partindo, neste caso, dun patrimonio arquitectónico como é o propio edificio do MARCO e os espazos que o conforman.

ACTIVIDADES

“O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”

CALENDARIO E HORARIOS:

É máxico! 

Actividades e obradoiros para público infantil, ao redor da exposición “4 Proxectos”

Destinatarios: público infantil a partir de 3 anos
Máximo 10 participantes, previa inscrición e reserva
Martes 18, mércores 19, xoves 20 maio

Horarios:
De 17.00 a 18.30 participantes de 3 a 6 anos
De 19.00 a 20.30 participantes de 6 a 12 anos

As instalacións de Mónica Alonso e de Mar Vicente sérvennos de base para os talleres infantís. Unha cápsula espacial que aterra no medio do panóptico, seis aves de cores que contan historias,... Formas, cores e sombras que aparecen, se esvaen e cambian cando nos movemos... é máxico! Que máis sorpresas haberá?

A abstracción é a mirada

Taller para público adulto, ao redor da exposición “4 Proxectos”
Destinatarios: público adulto en xeral (reserva preferente membros AAM Agrupación Amiga do MARCO)
Máximo 10 participantes, previa inscrición e reserva
Venres 21 maio
Horario: ás 18.00

Percorremos a obra de Rosendo Cid, e no taller intentamos recrear unha peza bidimensional/tridimensional con mínimos recursos, poñendo en xogo coa nosa capacidade de percepción.

Recuperar e reimaxinar


Visitas á exposición “4 Proxectos” guiadas por monitores MARCO

Destinatarios: público en xeral
Máximo 20 participantes, previa inscrición e reserva
Martes 18, mércores 19, xoves 20, venres 21 maio
Horario: ás 12.00

Os artistas da exposición “4 Proxectos” recuperan e reimaxinan os espazos da planta baixa do MARCO, potenciando as súas calidades, transformándoos e reforzando tamén o seu valor simbólico. Os percorridos guiados axúdannos a afondar na obra e proposta de cada artista, as súas características peculiares e as liñas, ás veces invisibles, que os unen.

Artistas en torno a un espazo


Visitas á exposición “4 Proxectos” guiadas por artistas participantes

Destinatarios: actividade exclusiva para membros AAM Agrupación Amiga do MARCO
Máximo 20 participantes, previa inscrición e reserva
Venres 21 maio

Ás 17.00: visita con Rosendo Cid. “Todo aquilo que sucede e con todo non é”
Ás 19.00: visita con Mónica Alonso. “A maxia do colibrí. Seis casos desesperados”

Coincidindo coa celebración da semana do DIM, Mónica Alonso e Rosendo Cid acompañarán a membros da Agrupación Amiga do MARCO nun percorrido especial por salas, nun relato en primeira persoa.

As lecturas dos días


Sesións Club Lectura
Destinatarios: participantes Club Lectura #BiblioMARCO
Mércores 19, venres 21 maio

Horarios:

Miércoles ás 19.00 = Grupo virtual por Zoom
Mark Oliver Everett. Cosas que los nietos deberían saber

Viernes ás 19.00 = Grupo presencial
Julian Barnes. O ruido do tempo

No Club de Lectura #BiblioMARCO, os eixes argumentales das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, o que o converte nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.

INSCRICIÓN ACTIVIDADES:

A partir do venres 14 de maio en Taquilla MARCO
Tel. 986 113900 (extensión 100)
recepcion.marco@gmail.com
Horario taquilla: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 (domingos de 11.00 a 14.30)