DIM 2024. Presentación e proxección de catro curtametraxes de Eduardo Soutullo
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Museos pola educación e a investigación
Programacion especial do mércores 15 ao sábado 18 de maio
Neste 2024, o MARCO celebra o Día Internacional dos Museos (18 de maio) cun programa de actividades para distintos públicos, que se desenvolverá do mércores 15 ao sábado 18 de maio. En liña co lema elixido polo ICOM para esta edición, trátase de subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomenten experiencias de aprendizaxe conscientes, sostibles e integradoras.
Museos pola educación e a investigación
“Os museos son centros educativos dinámicos que fomentan a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico. En 2024, recoñecemos a súa contribución á investigación, proporcionando unha plataforma para a exploración e a difusión de novas ideas. Dende a arte e a historia ata a ciencia e a tecnoloxía, os museos son espazos vitais onde a educación e a investigación converxen para dar forma á nosa comprensión do mundo.”
+ INFO en ICOM https://n9.cl/c0512
#DIM2024 #IMD24 #MuseosEducacionInvestigacion #InternationalMuseumDay #Museums4Education #Museums4Research @ICOMOfficiel
XOVES 16 maio
Charla de Eduardo Soutullo, en conversa coa xornalista Amaia Mauleón
Galería A3 (planta baixa) ás 19.00, e proxección das curtametraxes
Do venres 17 ao domingo 19 de maio
Proxección en continuidade no horario de apertura do Museo
De xoves a sábado de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingo de 11.00 a 14.30
1: Fons Vitae: a New Era for the Planet (10 min.)
2: Songs to the Dead Children in Auschwitz (12 min.)
3: Canciones para después de una revolución (5 min.)
4: A Ukrainian Trojan Horse Enters Russia (12 min.)
Compositor e director de curtametraxes, Eduardo Soutullo é Premio Nacional de Música 2023 (Ministerio de Cultura) na modalidade de composición. Comezou a súa formación musical no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e posteriormente trasladouse a Madrid e París para completar os seus estudos de Harmonía e Composición. Realizou o Ciclo Superior de Imaxe e Son no CIFP Imaxe e Son (Escola de Imaxe e Son-EIS) da Coruña. Máster pola Universidad Complutense de Madrid, é doutor pola Universidade de Vigo cunha tese sobre Música Contemporánea en España. Os seus galardóns e distincións como compositor inclúen o Segundo Premio na edición 2008 do Premio Reina Sofía de Composición Musical, entre moitos outros, e as súas obras sinfónicas foron interpretadas por directores e orquestras de todo o mundo. A proxección das súas curtametraxes no MARCO supón a súa estrea en Galicia, como é o caso da moi premiada Songs to the Dead Children in Auschwitz, que obtivo, entre outros, o Ecumenical Community Award. 11th AGON International Archaeological Film Festival (Atenas, maio 2022) onde o presidente do Xurado foi Konstantinos Costa-Gavras, gañador de varios Premios Oscar.
+ INFO en https://en.wikipedia.org/wiki/Eduardo_Soutullo
FONS VITAE: A NEW ERA FOR THE PLANET
FONS VITAE: UNHA NOVA ERA PARA O PLANETA
Curtametraxe de ciencia ficción, 2022, 10 min.
Dirección, guion, montaxe e música: Eduardo Soutullo
Imaxes de arquivo cedidas por National Aeronautics and Space Administration NASA para o certame https://www.cinespace.org/
+ INFO https://www.imdb.com/title/tt29672730/
SINOPSE: Fons Vitae (A Fonte da Vida), un superordenador internacional instalado nun satélite, é programado para acabar cun virus que está a acabar coa vida na Terra. O seu éxito abre unha nova era de perfecto equilibrio ecolóxico para o planeta, pero con consecuencias insospeitadas para a especie humana... Unha nova cápsula do tempo, similar ao “Disco de Ouro” das dúas sondas espaciais Voyager, é lanzada polo superordenador para actualizar a información sobre a Terra e explicar o sucedido.
PREMIOS: Best Editing nominee, 17th Grand OFF Film Festival (Varsovia); Selección Oficial, 5th The Wild Cinema. Festival Intenacional de Cinema de Medioambiente (Vigo); Official Selection, American Documentary and Animation Film Festival (Palm Spring, Los Angeles); Official Selection, First-Time Filmmaker Sessions by Lift-Off Global Network (Pinewood Studios, UK).
SONGS TO THE DEAD CHILDREN IN AUSCHWITZ
CANCIÓNS PARA OS NENOS MORTOS EN AUSCHWITZ
Curtametraxe documental, 2021, 12 min.
Dirección, guion, montaxe: Eduardo Soutullo
Actriz e voz en off: Anastasia Syrjanowa
Tradución ao alemán: Micha Zielke
Música: Kindertotenlieder, de Gustav Mahler
+ INFO https://www.imdb.com/title/tt26658394/
SINOPSE: Os catro elementos: lume, auga, vento e terra. Catro das “Cancións dos nenos mortos” compostas por Gustav Mahler. Catro testemuños do campo de concentración de Auschwitz sobre a historia real de Gisella Perl, a xinecóloga prisioneira que axudou a abortar a centos de reclusas para impedir que o oficial nazi e médico Joseph Mengele as utilizase para os seus experimentos e viviseccións.
PREMIOS: The Ecumenical Community Award. 11th AGON International Archaeological Film Festival (Atenas), maio 2022. Presidente do Xurado: Konstantinos Costa-Gavras; Premio Mellor Documental. Kursaal Film Festival (San Sebastián) setembro 2021; Segundo Premio Mellor Documental. Festival Internacional de Cine Social de Castilla La Mancha, outubro 2021; Segundo Premio Mellor Documental. "AMUA in-edit" Musical Film Festival (Hondarribia, Donostia), decembro 2021; Premio Mellor Edición & Premio Mellor Guion. 5º Festival de Cine Memoria Democrática / Cineteca de Matadero Madrid. Presidente do Xurado: Manuel Gutiérrez Aragón; Sección Oficial. Near Nazareth Festival (NNF) International Film Festival (Israel), xuño 2021; Sección Oficial. 21th Seoul International ALT Cinema & Media Festival (Corea do Sur), agosto 2021; Sección Oficial. Festival de Cine Solidario de Guadalajara (España); Sección Oficial. 12th Educational Film Festival EDUKINO (Varsovia, Polonia), novembro 2021; Sección Oficial IX Festival de Cortometrajes Diputación de Jaén contra a violencia de xénero, novembro 2021.
CANCIONES PARA DESPUÉS DE UNA REVOLUCIÓN
Curtametraxe documental, 2022, 5 min.
Dirección, guion, montaxe: Eduardo Soutullo
SINOPSE: Evocación da situación actual de Cuba a través de cancións populares cubanas montadas sobre imaxes que buscan darlle outro significado.
PREMIOS: Sección Oficial Festival International du Film Amateur de Kelibia (Túnez); Sección Oficial Olive-Harvey College Criminal Justice Short Film Fest (Chicago); Sección Oficial Lane Doc Fest (Jackson, Tennessee); Sección Oficial ONED Art/Experimental Film Festival (Toulouse); Sección Oficial V Muestra Internacional de Cortometraje Solidario (Ciudad Real); Sección Oficial Flickyy Monthly International Creative Fest (Kolkata, India); Sección Oficial AMUA. Festival de Cortometraje Musical de Hondarribia; Sección Oficial Festival Internacional de Cortometrajes de Temática Social de Berriozar (Navarra).
A UKRAINIAN TROJAN HORSE ENTERS RUSSIA
UN CABALO DE TROYA UCRAÍNO ENTRA EN RUSIA
Curtametraxe documental, 2023, 12 min.
Produción, dirección, guion, montaxe: Gondwana
Música: Eduardo Soutullo
SINOPSE: Documental sobre a obra sinfónico-vocal composta por Eduardo Soutullo sobre os poemas de Lesya Ukrainka e que denuncia a invasión de Ucraína por Rusia de 2022. Por esta obra sinfónico-vocal Eduardo Soutullo foi galardoado co Premio Nacional de Música 2023 do Ministerio de Cultura.
PREMIOS: Premio Nacional de Música 2023 do Ministerio de Cultura; Sección Oficial. PTAKH. Ukraine International Film Festival in UK (Londres); Sección Oficial. Ukrainian Dream Film Festival (Kiev); Sección Oficial. Dispatches of War (Kiev).
Foto de portada: Fotograma de Songs to the dead children in Auschwitz