Estrelas en movemento. OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN
Para participantes de 3 a 12 anos
Horarios:
De 3 a 6 anos: martes, mércores, xoves e venres de 11.00 a 12.30
De 7 a 12 anos: martes, mércores, xoves e venres de 12.30 a 14.00
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN
Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade:
De 3 a 6 anos: máximo 10 participantes por sesión
De 7 a 12 anos: máximo 16 participantes por sesión
[Posibilidade de reservas específicas para grupos en función de datas e horarios dispoñibles.]
Inscricións:
Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO
Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30
Máximo inscrición 2 participantes por adulto
Normas de acceso e medidas sanitarias:
Uso obrigatorio de máscara. Distancia mínima interpersoal. Desinfección de materiais e uso de xel hidroalcohólico. Prohibición de consumir alimentos e bebidas durante o obradoiro.
Colabora:
Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 3 e 12 anos. A proposta está adaptada a dous grupos de idade, e as actividades, que tedrán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) e no Espazo Anexo, complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas salas de exposición.
Cada sesión é independiente, e o programa e contidos xiran ao redor das obras dos artistas presentes nas exposicións do MARCO nesta tempada: Din Matamoro, Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar Vicente, y Glenda León.
Unha forma diferente de compartir experiencias este verán… Non esquezas reservar a túa praza!