Festival ARTFUTURA 2011. REPASANDO O FUTURO
INFORMACIÓN XERAL
Como cada ano por estas datas, chega a XXI edición do festival de Cultura e Creatividade Dixital ArtFutura 2011 que este outono ten por titulo “Repasando o Futuro” para explorar os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional do new media e a cultura dixital.
Do seu programa audiovisual destaca o documental “Connected” de Tiffany Shlain (fundadora dos premios Webby), un fascinante documental sobre a incidencia das novas tecnoloxías nas nosas vidas. O filme, que se presentou no Sundance deste mesmo ano, estréase en ArtFutura en versión orixinal subtitulada.
Ademáis do documental “Connected”, ArtFutura 2011 ten como protagonista especial un dos novos documentais sobre cultura dixital: “Press, Pause, Play”. Así como a nova obra de animación de Rosto (“The Monster of Nix”) con voces de Terry Gilliam e Tom Waits e música de The Residents.
CALENDARIO E PROXECCIÓNS
Venres 4 nov. 19.00 Programa A |
|
Venres 18 nov. 19.00 Programa C | Sábado 19 nov. 19.00 Programa D |
Venres 25 nov. 19.00 Programa A | Sábado 26 nov. 19.00 Programa B |
ESPECIAL 9º ANIVERSARIO. DOMINGO 13 DE NOVEMBRO
Programa A: de 10.00 a 14.00
Programa B: de 17.00 a 18.50
Descanso de 10 min.
Programa C: de 19.00 a 21.00
PROGRAMA A
Duración total: 2 horas
“Connected”
(Duración: 1 hora 30 ‘ - Versión Orixinal Subtitulada)
“Connected”, dirixida por Tiffany Shlain. Unha película persoal con resonancia universal. Shlain, fundadora dos premios Webby e co-fundadora da Academia de Artes Digitales, é considerada unha das pioneiras orixinais de Internet.
Documental e memorial a partes iguais, o filme desenvólvese ao longo dun ano no que a tecnoloxía e a ciencia se converteron, literalmente, nunha cuestión de vida ou morte para a súa directora. Mesturando animación, imaxes de arquivo, e gravacións persoais, Shlain revela os estraños lazos que nos unen a todos. Non so ás persoas que amamos, senón ao mundo en xeral.
Trailer - Connected
Rosto - The Monster of Nix
(Duración: 30 minutos)
Rosto - deseñador, realizador e músico - ten nova obra de animación dixital: The Monster of Nix. O seu singular estilo, admirado por Terry Gilliam, e o seu sólido traballo en curtametraxes e videoclips sitúano entre un dos máis recoñecidos (e recoñecibles) animadores contemporáneos europeos.
Co tempo, Rosto ten evolucionado dende un achegamento gráfico á animación, con ecos na súa obra de David Carson ou Dave McKean, a un ámbito máis cinematográfico onde, anota o autor, non falta a influencia de David Lynch.
Os seus personaxes habitan un mundo escuro de soños e pesadelos. Son personaxes obsesivos, dispostos a acometer xestas imposibles mentres se perden nos seus propios labirintos mentais.
The Monster of Nix conta no reparto coas voces de Tom Waits e Terry Gilliam e música de The Residents.
Trailer - The Monster of Nix
PROGRAMA B
Duración total: 2 horas
PressPausePlay
(Duración: 1 hora 20’ - Versión Orixinal Subtitulada)
“Press, Pause, Play” é un filme sobre a importancia dos novos medios na música, a arte e o diseño, incluíndo entrevistas con algúns dos máis influentes creadores da era dixital.
A revolución dixital da última década ten disparado o talento dun xeito sen precedentes, xerando unha nova creatividade sen límites. Pero, isto significa que unha cultura democratizada xera mellores expresións de arte, cine, música e literatura? Ou o talento se perde nese vasto océano dixital da cultura de masas?
PressPausePlay contén entrevistas con creadores como Moby, Bill Drummond (KLF), Sean Parker (Napster), Amy Philips (Pitchfork), Anne Hilde Neset (The Wire magazine) e Christopher Weingarten (Rolling Stone).
Trailer - Press, Pause, Play
Mapping the Mappings
(Duración 30 minutos)
Dende hai varios anos as proxeccións comunmente denominadas “mappings” entraron nos nosos espazos públicos e nas nosas vidas. Coa axuda das novas tecnoloxías, unha nova xeración de creadores utilizan os sistemas de proxección para xerar espazos comúns multi-sensoriais e experiencias de alta intensidade.
Esta selección inclúe os mellores traballos recentes de Seeper, 1024 Architecture, Urban Screen e Darkfejzr.
PROGRAMA C
Duración total: 2 horas
ArtFutura Show
(Duración 1 hora)
Selección comisariada das mellores pezas de animación 3D producidas no mundo durante o último ano, que inclúe traballos de Alister Lockhart, Damian Nenow, Tolga Ari, Markus Wagner e as dúas obras máis premiadas nos festivais de 2011: “Flamingo Pride” de Tomer Eshed e “Paths of Hate “ de Damian Nenow/Platige Image
Trailer - Paths of Hate
Music Video Showcase by MECAL
(Duración 1 hora)
Nesta edición, ArtFutura ten invitado a Roberto Barrueco, director e fundador de Mecal, Festival Internacional de Cortometrajes de Barcelona, a presentar unha selección de vídeos que recollen algunhas das obras máis creativas do último ano no ámbitodo videoclip.
O seu programa recorre as novas tendencias visuais, estéticas e gráficas do panorama internacional, cos traballos de Scissors Sisters, Unkle, Moray McLaren, The Temper Trap, Massive Attack e Björk.
PROGRAMA D
Duración total: 2 horas
Futura Graphics
(Duración 1 hora)
Futura Graphics inclúe as pezas máis destacadas do motion graphics e a creación dixital recentes. Cada peza é un alarde de dirección de arte e en todas elas hai unha intención de experimentar coa linguaxe, a estética ou a técnica, con traballos de David O'Reilly, Rusell Weekes, Chris Milk, Olivier Babinet, Sergio Saleh, Dvein e outros.
Retrospectiva - Canada
(Duración 1 hora)
Creadores de videoclips para grupos como Scissors Sisters, White Lies, Two Door Cinema Club e Oh Land, os barceloneses Canada son probablemente os realizadores de videoclips e publicidade máis internacionais do momento. Soños, fantasías, estigmas e sensualidade mestúranse nas súas obras dun gusto arrebatador e unha realización impecable.
Nicolás Méndez, Luis Cerveró e Lope Serrano escolleron para ArtFutura os traballos dos que se senten máis orgullosos. E é para estalo.
White Lies - Holy Ghost en Vimeo
Promotor do festival: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Produción do festival: ArtFutura
+ INFO en: