rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Festival Sinsal Outono

Festival Sinsal Outono

Datas: 
4 novembro 2009 - 17 decembro 2009
Lugar: 
Salón de Actos

Organiza: Sinsalaudio, en colaboración co MARCO

Continuando coa liña de colaboración entre Sinsalaudio e o MARCO, este ano a estación outono do Festival SINSAL ofrece catro concertos no MARCO, coa actuación do Set selo Bedrrom Community, Emilio José e Tender Forever, Circle e a banda The Dodos que pecharán a programación de Outono do Festival SINSAL .

4 Novembro
Precio: 10€
Hora: 20:30H
Set selo Bedroom Community
Sam Amidon + Ben Frost + Nico Muhly + Valgeir Sigurdsson + Guests


19 Novembro
Precio: 10€
Hora: 20:30H
Emilio José + Tender Forever

Despois de sorprender á prensa especializada dende Apeiron e o seu Todo sigue intacto, Emilio José lánzase en solitario co disco más estremeiro, heterodoxo e radical do ano en estado español. Chorando apréndese é unha sucesión dislocada de temas encabalgados que van dende a Bossa ao Hip Hop entre samplers que dan conta da realidade galega recente, sen escatimar críticas ácidas á clase política. Emilio José vén dende as pozas de Melón a trastocar o panorama musical do país. “Sangrando de felicidade” agardamos por el.

http://www.myspace.com/singstaralone

Baixo o nome Tender Forever agóchase Melanie Valera, unha rapaza francesa afincada en Portland que reivindica a sinxeleza tras a sorpresa dos seus dous primeiros discos. 400 concertos máis tarde, a súa sensibilidade low-fi enriquécese con actuacións cheas de histrionismo. Cun ukelele, un portátil ou a Wii, Tender Forever enche o escenario transcendendo os discos, demostrando que o pop tamén pode ser unha experiencia límite. “Nacín o ano do punk”, adoita dicir, e nótase.

http://www.myspace.com/tenderforever


30 Novembro
Precio: 8€
Hora: 20:30H
Circle

Case vinte anos levan Circle facturando discos dende Finlandia, lonxe quedan xa os primeiros noventa e os discos creados nunha lingua inventada chamada Meronian, como anos máis tarde farían Sigur Ros. Xa en inglés Circle chegan ao novo século como unha banda capaz de mesturar riffs propios do heavy metal cunha actitude e unhas propostas máis propias do krautrock ou do post-rock, o que lles valeu a etiqueta de heavy alternativo. O certo é que nunha primeira escoita da banda finesa o único que queda claro é que fuxen de todo encasillamento. Son, sen máis, unha banda de rock moi particular.

http://www.myspace.com/circlefinland 
http://www.circlefinland.com/


17 Decembro
Precio: 12 €
Hora: 20:30H
The Dodos + Artista Convidado

The Dodos son unha banda californiana que con tres álbumes publicados é unha das propostas de Weird Folk máis interesantes. Comparten afinidades con Xiu Xiu, Iron and Wine, Animal Collective ou Six Organs of Admittance, se ben con características propias. The Dodos chaman ao seu estilo Psych Folk, e non é de estranar, baixo composicións de corte clásica agóchase unha sección rítmica a cargo de Logan Kroeber, toda unha eminencia en canto a percusión africana se refire. A outra metade de The Dodos é Meric Long, a voz e a guitarra, que así susurra como acompaña á batería nun fluír que por momentos parece sacado da banda sonora dos corredores dun psiquiátrico, como parece aseverar a canción Two Medicines. Time to die é o seu último traballo, á venda dende agosto e a confirmación da radical orixinalidade do dúo, devenido para a ocasión en trío, tras a incorporación ao vibráfono de Keaton Snyder. The Dodos encherán a sala do MARCO de ritmos psicodélicos para despedir a programación de Outono do Festival SINSAL.

http://www.myspace.com/thedodos 
http://www.dodosmusic.net



Contactos para información e reserva de entradas:
Julio Gómez / Luis Campos
+34 635 575 665
luis@sinsalaudio.org
www.sinsalaudio.org