rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Inauguración MARCO. LAXEIRO E A ARTE DA SÚA ÉPOCA

Inauguración MARCO. LAXEIRO E A ARTE DA SÚA ÉPOCA

Datas: 
23 febreiro 2023 - 24 febreiro 2023
Horario: 
18:30


Con motivo da inauguración da exposición “LAXEIRO E A ARTE DA SÚA ÉPOCA” queremos convocarvos a un percorrido por salas guiado por Miguel Fernández-Cid, director do MARCO e comisario da exposición, o vindeiro xoves 23 de febreiro.

Só para persoas pertencentes á Agrupación Amiga do MARCO. 

Nesta ocasión, ao coincidir en xoves, a hora de inicio da visita adiántase ás 18.30, para que as persoas da AAM asistentes ao curso de cine teñan a opción de participar no percorrido.

O MARCO quere culminar o ano Laxeiro, que finaliza en abril de 2023, coa mostra titulada “LAXEIRO e a arte da súa época”, comisariada por Miguel Fernández-Cid: unha visión novidosa, unha proposta de debate, que pon o acento no diálogo das súas obras coas doutros artistas coetáneos e que incide na necesidade de estudar a Laxeiro no contexto da arte do seu tempo.

Por vez primeira, unha selección das súas obras máis destacadas exhíbense xunto a pezas doutros artistas que Laxeiro miraba con atención (Zuloaga, Corredoyra, Souto, Colmeiro, Maside, Asorey, Mallo, Seoane, Torres García), ou que formulan referencias para un rico diálogo visual. Entre as "devocións", Gutiérrez Solana, Vázquez Díaz, Palencia, ou os máis tardíos Saura, Canogar ou Barcala. Como referencias especiais, artistas como Rembrandt e Goya, presentes con obra gráfica.

Nesta ocasión non é necesario anotarse.