rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
MARCO Extramuros: Roteiro Gregorio Espino

MARCO Extramuros: Roteiro Gregorio Espino

Datas: 
30 abril 2023
Lugar: 
Cruce da rúa Urzáiz con Gregorio Espino. 


domingo 30 de abril ás 11.00 temos unha nova cita co noso amigo Ramón Ilarri, na que percorreremos o barrio de Gregorio Espino ata o nudo de Isaac Peral.

O punto de encontro é o cruce da rúa Urzaiz coa de Gregorio Espino, seguindo un roteiro moi interesante que remata no nudo de Isaac Peral, pasando pola rúa do Rosario, rúa do Pino, e rúa do Doutor Canoa.

Durante o percorrido poderemos apreciar obras de artistas como Alejandro Fernández, Doa Ocampo, María José Pulido, Elisa Capdevila, Murone, “NaNa”, Virginia Bersabé, Abi Castillo, e do escultor Francisco Asorey, entre outros.

Dadas as características do roteiro, e para poder gozar da visita con todas as garantías, o número máximo de participantes será de vinte persoas.

O roteiro é de balde, e é necesario anotarse.

Así pois, vémonos o domingo 30 de abril ás 11.00 no cruce da rúa Urzáiz con Gregorio Espino. 

RESERVAS DE PRAZA:
Por teléfono, email, ou presencialmente, na taquilla do MARCO:
Horario de taquilla: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30
986 113900 / recepcion.marco@gmail.com