MARCO Extramuros Roteiro Pavillón de Deportes do Berbés
Este domingo 26 de maio ás 11.00 temos unha nova cita co noso amigo Ramón Ilarri, na que faremos un percorrido dende o Pavillón de Deportes do Berbés ata o edificio da Xunta de Galicia.
O punto de encontro é o Pavillón de Deportes do Berbés. Aínda que é un roteiro cómodo, sen apenas ascensos ou escaleiras, a duración aproximada é de dúas horas, polo que recomendamos calzado cómodo.
CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:
Dadas as características do roteiro, e para poder gozar da visita con todas as garantías, o número máximo de participantes será de 25 persoas.
A efectos organizativos, pregámosvos que vos apuntedes o antes posible enviando un email a recepcion@marcovigo.com, indicando o voso nome e apelidos.