rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
#MARCO_DIDÁCTICA. Obradoiros para público infantil

#MARCO_DIDÁCTICA. Obradoiros para público infantil

Datas: 
16 decembro 2022 - 17 decembro 2022
Lugar: 
Espazo Anexo e Salas de Exposicións

O 16 e 17 de decembro agárdanos unha fin de semana moi especial para o noso público máis novo, na compaña de catro das artistas participantes na exposición FUTURE STORIES.

VENRES 16 de decembro
“UN REFUXIO PROPIO”
Conducido por Raquel Álvarez Méndez e Lucía Perdiz Dávila (artistas exposición FUTURE STORIES)
Para participantes de 7 a 12 anos
Horario: de 18.00 a 20.00
Gratuíto. Previa inscrición. Máximo 25 participantes

SÁBADO 17 de decembro
“PENSANDO-NÓS”
Conducido por Juncal A. Castro e Antía Encisa (artistas exposición FUTURE STORIES)
Para: participantes de 3 a 12 anos
Horarios:
De 11.00 a 12.30 = Grupo 1 (de 3 a 6 anos)
De 12.30 a 14.00 = Grupo 2 (de 7 a 12 anos)
Gratuíto. Previa inscrición. Máximo 25 participantes por grupo de idade
[Cada participante (só Grupo 1) traerá de casa unha foto impresa da súa cara, en tamaño A4]

Reserva a túa praza:

Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO
Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30

VENRES 16 de decembro
“UN REFUXIO PROPIO”
Conducido por Raquel Álvarez Méndez e Lucía Perdiz Dávila (artistas exposición FUTURE STORIES)
Para participantes de 7 a 12 anos
Horario: de 18.00 a 20.00

Nas salas de exposición, e na compaña das artistas, analizamos as súas obras con especial atención aos materiais utilizados, as súas texturas e as sensacións que transmiten. Falamos da idea de refuxio en diversas culturas, as súas características e dimensións, a súa configuración de xeito individual, e dentro dunha sociedade. No taller, a partir de materiais téxtiles, emprenderemos a construción colectiva dun refuxio. Adaptándonos ao espazo, e utilizando os recursos xa dispoñibles na sala (mesas, cadeiras, paredes…) iremos ensamblando os distintos elementos, reflexionando sobre o concepto de arquitectura téxtil, e de espazo habitable, a partir de elementos existentes na nosa contorna cotiá.

SÁBADO 17 de decembro
“PENSANDO-NÓS"
Conducido por Juncal A. Castro e Antía Encisa (artistas exposición FUTURE STORIES)
Para: participantes de 3 a 12 anos
Horarios: de 11.00 a 12.30 = Grupo 1 (de 3 a 6 anos) / de 12.30 a 14.00 = Grupo 2 (de 7 a 12 anos)

Durante a visita a salas fixámonos nas características formais das obras, nos seus compoñentes, e no que nos poden contar sobre as súas autoras. No grupo dos máis pequenos, organizamos un xogo de movemento individual e grupal, creando unha coreografía de xestos que cada participante interprete según a súa propia expresión. No taller, tomando como base a fotografía da nosa propia cara, modificámola e intervímola en modo colaxe con diferentes materiais ata crear “unha nova cara” a partir da anterior.

No segundo grupo, a partir dunha guía de preguntas relacionadas cos nosos recordos, unha repartimos anacos e retais de tea sobre os que debuxaremos ou daremos forma a esas vivencias. A continuación pasamos a un formato tridimensional, no que utilizaremos moldes de caras fabricados en resina que cada participante poderá intervir ao seu gusto, tendo en conta a súa selección de materiais e preferencias persoais. Durante a actividade teremos tamén oportunidade de ver en directo o proceso de fabricación dun dos moldes, mediante resina e termoplástico.