
MARIANA GOMES
Ficha
Os talleres dos artistas ofrecen unha excelente información do seu modo de traballar. O de Mariana Gomes (Faro, 1983) é diáfano, pero, segundo a iluminación, a disposición de mesas e estantes, percíbense espazos que determinan os lugares nos que desenvolve distintas actividades. Hai xogos de miradas, imaxino que trazados polo azar, e obxectos que axiña adquiren protagonismo. Como unha serie de pequenas esculturas, entre as que chaman a atención as cabezas de Antonin Artaud, Philip Guston, Tintoretto, Leopardi, Borges, Eliot ou Henri Michaux, no que parecen homenaxes a referentes, pero tamén unha necesidade de tocar a materia, de sentila, nun trazo que resulta central no seu traballo.
Porque Mariana Gomes defende a pintura como unha busca inquieta, intensa, na que asoman o xogo, a transgresión, o happening, o festivo e o carnavalesco, a máscara, a paixón e o humor, nun empeño de estar no fío, abrindo novos camiños. A pintura como acción, banquete sobre a tea. E o debuxo como fluír continuo, unha sucesión de imaxes que teñen algo de pel delgada, de capa leve, pero tamén de mural.
Con frecuencia, na pintura parte de referencias, pero dá finalmente protagonismo ao xesto, á linguaxe da abstracción, á greta, ao suco. Repasando a súa obra, existe unha especie de empeño en empezar sempre (Ícaro, o tempo), como cando pintou sobre cadros xa expostos e non quixo cubrilos senón provocar o encontro entre dous momentos, dúas accións, dúas buscas, na certeza de que son sempre a mesma: o acto de pintar, e facelo sobre outra presenza, mesmo a tea branca. Ou xogar coas sombras, proxectar imaxes sobre máscaras e obxectos, empeñada en saber que hai detrás ou dentro da pintura.
Miguel Fernández-Cid / Pilar Souto Soto, comisarios da exposición
INFORMACIÓN XERAL / DOCUMENTACIÓN / ACTIVIDADES
Programación para escolares
Colabora: Fundación ”la Caixa”
Ata o 25 de xuño
Horario: de martes a venres de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / comunicacion@marcovigo.com
Programación para asociacións, colectivos e grupos con necesidades específicas
Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 16 de xuño
Horario: flexible en función de necesidades e dispoñibilidade
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / comunicacion@marcovigo.com
Obradoiros de verán para público infantil e familiar
Colabora: Fundación ”la Caixa"
A partir do 7 de xullo
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / recepcion@marcovigo.com
Información e visitas guiadas
O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 / Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita.
Artistas
MARIANA GOMES
Mariana Gomes (Faro, Portugal, 1983), vive e traballa en Lisboa. Graduada en Artes Visuais/Pintura pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa, destaca pola súa traxectoria en exposicións individuais dende 2008, e pola súa participación en numerosas mostras colectivas en Portugal e no ámbito internacional.
Exposicións individuais: Time Smoking a Picture (Galería Pedro Oliveira, Porto, Portugal, 2025); Neo-Pós-Neo (Galería Cristina Guerra, Lisboa, 2023); Infusão de rabisco, Ciclo Desenho como Pensamento (Centro Artes de Águeda, Portugal, 2021); Solilóquio (Galería Cristina Guerra, Lisboa, 2020); Bollocks 3 - a Continuação (Espaço Fontes en colaboración con Appleton, Fundão, Portugal, 2020); Canhota, comisariada por Bruno Marchand (Fundação Carmona e Costa, Lisboa, 2019); Romanian Dances (Galería Baginsky, Lisboa, 2017); Não Aplicável (Galería Fernando Santos, Porto, Portugal, 2016); Bollocks, comisariada por Bruno Marchand (Appleton Square, Lisboa, 2016); Breviário (Galería Fernando Santos, Porto, Portugal, 2014); Os homens que se Riem (O Armário, Lisboa, 2014); Stop Making Sense!, comisariada por João Pinharanda (Fundação EDP, Lisboa, 2013); What a Show, everyone was terrific (Galería Módulo – Centro Difusor de Arte, Lisboa, 2012); Erro (Galería Módulo – Centro Difusor de Arte, Lisboa, 2010); X Tentativas (Galería Módulo – Centro Difusor de Arte, Lisboa, 2009); Mariana Gomes (Galería Módulo – Centro Difusor de Arte, Lisboa, 2008).
As súas exposiciones colectivas dos últimos anos inclúen, entre outras, as seguintes: Pedra e Vento (Buraco, Lisboa, 2025); Somos Todos Capitães – 50 Anos Em Liberdade (Museu Nogueira da Silva, Braga, Portugal, 2025); Sempre e nunca mais (MACE Elvas, Portugal, 2024); Elevador da Glória (Centro de Arte Oliva, São João da Madeira, Portugal, 2024); Pinturas habitadas (Cordoaria Nacional, Lisboa, 2024); White Noise (Galería Cristina Guerra, Lisboa, 2024); Pintura. Provocação (Galeria do Parque, Vila Nova da Barquinha, Portugal, 2024); FPM #5 - Paisagem: vista e panorama (Fundação PLM, Lisboa, 2024); First Step (Bigger Splash, Lisboa, 2024); Fresh Breeze (Kunstraum Botschaft, Berlín, Alemaña, 2023); Pintura sem fim (Brotéria, Lisboa, 2023); Dark Safari (Museu do Côa, Vila Nova de Foz Côa, Portugal, 2023); Profanações (Fidelidade Chiado, Lisboa, 2023); Perspetiva 24, Bienal de Vilanova da Cerveira, Portugal, 2023); Transition Zones (Fundação PLMJ, Lisboa, 2023); A Revolução na Noite (Centro de Arte Oliva, São João da Madeira, Portugal, 2023);
Recibiu premios como a 10ª Edición do Amadeu Souza Cardoso (Amarante, Portugal, 2015), o FLAD Drawing Award (Lisboa, 2025), e mencións honoríficas. A súa obra está presente en coleccións públicas e privadas, como Fundação Calouste Gulbenkian, Fundação Carmona e Costa, MAAT Lisboa, CACE Coleção de Arte Contemporánea do Estado, Coleção António Cachola Elvas, Fundación EDP, MACAM Museu Arte Contemporânea Armando Martins, entre outras.