rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández
Mauro Cerqueira. Cismadores. Foto: cortesía MARCO/Marta Fernández

MAURO CERQUEIRA. Cismadores

Ficha

Datas: 
10 abril 2015 - 14 xuño 2015
Lugar: 
Anexo [vestíbulo principal]
Horario: 
Luns a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: 
Ángel Calvo Ulloa


Coincidindo coa xornada inaugural, o venres 10 de abril ás 19.30 terá lugar no salón de actos un encontro-coloquio aberto ao público entre o artista Mauro Cerqueira, e o comisario, Ángel Calvo Ulloa.

Ciclo INTERTEXTUAL


Programación e calendario

A partir de xaneiro 2015, o lugar ata agora dedicado a tenda-librería no vestíbulo principal do MARCO convértese en sala de proxectos, retomando o espírito do Espazo Anexo na praza peonil posterior (2004-2011). Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, esta nova liña de programación pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras en si —novas producións realizadas especificamente para este espazo— como ao comisariado —ciclos de exposicións por proposta dun mesmo comisario, con periodicidade anual.

Intertextual parte dunha selección de artistas pertencentes a unha mesma xeración, voceiros da realidade artística nacional e internacional dos últimos anos, que atopan nesa conexión de influencias un campo de traballo ideal. A proposta nace da necesidade de configurar lugares para proxectos que ofrezan aos artistas a oportunidade de producir obras específicas, a partir da recreación e consolidación dun espazo que ofrece un lugar privilexiado, tanto polas súas dimensións e características coma polo tránsito continuo de visitantes, para a visibilidade dos proxectos.

O ciclo inaugurouse o 16 de xaneiro con 249 litros, de Carlos Maciá, e á intervención de Mauro Cerqueira seguirán, ao longo de 2015, as de Juan López, June Crespo, e Fernando García.

JUAN LÓPEZ (Cantabria, 1979)
26 xuño – 23 agosto 2015

JUNE CRESPO (Bilbao, 1982)
4 setembro – 1 novembro 2015

FERNANDO GARCÍA (Madrid, 1975)
13 novembro 2015 – 24 xaneiro 2016

Síntese do proxecto


O traballo de Mauro Cerqueira (Guimarães, 1982) sitúase no punto en que o tradicional e o accidental converxen. Restos que cobran vida nas súas mans como unha voz de alarma que informa do proceso de desmantelamento da cidade do Porto. Ensamblaxes perigosamente equilibradas que, como a súa contorna, corren o risco de esborrallarse en calquera instante.

As súas intervencións reproducen espazos deshabitados de xeito apresurado, abandonados como por sorpresa e nos que a súa vida diaria cobra un protagonismo tan intenso que remata por implicar ao espectador.

Cismadores parte das experiencias acumuladas na rúa, de situacións dun realismo que custa crer. Individuos que viven unha vida que se repite en bucle, baseando a existencia nunha busca —a do alcol, o tabaco ou a heroína— ou aceptando a explotación laboral como un feito ineludible.

O resultado, como noutros dos seus traballos, é unha instalación na que o vídeo se mestura cos restos dese naufraxio urbano. Mesas que recrean as terrazas nas que ese cisma ten lugar a diario, botellas e elementos que posibilitan a vida nese labirinto. As gravacións realizadas a pé de rúa reproducen conversas aparentemente baleiras, nas que calquera chisme é suficiente para provocar un acalorado debate e o enfado entre individuos condenados a reatoparse.

Este proxecto ten noutros como Ter que falar, a exposición individual programada en 2013 na galería Heinrich Ehrhardt de Madrid ou Dar o braço, receber a mão, a instalación realizada para a mostra 12 Contemporâneos – Estados Presentes en 2014 no Museu Serralves, dous claros puntos de partida en que temas como o alcol, o mercado negro e as situacións límite se fonden dando lugar a un xogo meramente plástico, que se retroalimenta coas historias que, alén das portas do museo, en calquera cidade sexa cal sexa, se seguen a producir a diario.

Artistas

Mauro Cerqueira


Mauro Cerqueira
(Guimarães, 1982) vive e traballa en Porto, Portugal. Entre as súas últimas exposicións atópanse: Gatunar, Galería Murias Centeno, Lisboa, 2014; Disparity and Demand, La Galerie, Noisy-le-Sec, París, 2014; 12 Contemporâneos: Estados Presentes, Museu Serralves, Porto, 2014; Ter que falar, Galería Heinrich Ehrhardt, Madrid, 2013; VI Bienal de Jafre, Jafre, 2013; Cobra d’água, Galeria Graça Brandão, Lisboa, 2013; Interpunction #4, Galerie Tatjana Pieters, Gante, 2013, Brutalidade Jardim, Galería Marília Razuk, São Paulo, 2013 ou Cidade Crua, Piano Nobile, Xenebra, 2013. Cerqueira dirixe xunto con André Sousa o espazo Uma certa falta de coerência na cidade de Porto e en 2013 foi bolseiro da Robert Rauschenberg Foundation dentro do programa de residencias que a institución realiza en Captiva Island, Florida.

http://maurocerqueira.blogspot.pt

Comisariado

Ángel Calvo Ulloa


Ángel Calvo Ulloa (Lalín, 1984) vive e traballa entre Madrid e Santiago de Compostela.

Desenvolveu o proxecto de intervencións públicas Un disparo de advertencia (Lalín, Pontevedra) en 2011, Natureza! Estás soa? de Álvaro Negro en PALEXCO (A Coruña) en 2011; Welcome to my loft no Centro Torrente Ballester de Ferrol en 2012; Wily Forza Ingobernable no FAC (Santiago de Compostela) en 2013; Sssh! del silencio un lenguaje na Galería Nuble (Santander) en 2013; ou o proxecto Diálogos Improbables no Espazo NonLugar (Lalín, Pontevedra) en 2012-13. Durante 2014 e 2015 comisariou Crise de Identidade na Fundación Granell (Santiago de Compostela); En el coche de San Fernando en SALÓN (Madrid); Sobre el muro na Galería L21 (Madrid) dentro do programa Jugada a 3 Bandas; Ende der party en Tokonoma Apartment (Kasel); C O M E R C U L E B R A en 1er Escalón (Murcia); Fugir para lado algum dentro do programa Expediçao no espazo Maus Hábitos (Porto) e Del rombo al hexágono hay dos líneas, xunto con Tania Pardo, para a Galería Rosa Santos (Valencia). Actualmente desenvolve INTERTEXTUAL, o ciclo de intervencións para o MARCO, e prepara, xunto con Alfredo Aracil, Tener que sentir, coa colección Los Bragales, para o Antiguo Instituto Jovellanos (Xixón). Foi premiado dentro do programa Inéditos 2014 por La Casa Encendida, onde realizou a exposición Aprender a caer. Recentemente foi premiado dentro da convocatoria de artes visuais de Can Felipa (Barcelona) para realizar o proxecto Incluso un paisaje tranquilo… Participou en proxectos virtuais como They've left us alone para The Naked, A Haia (2014) ou Numismática con río Miño al fondo con Fermín Jiménez Landa para Curatorial Clube (2014). É membro do colectivo OsTres co que elabora o programa expositivo do Espazo Miramemira (Santiago de Compostela).

www.angelcalvoulloa.com

 

Crítico de arte e comisario independente, Ángel Calvo Ulloa (Lalín, Pontevedra, 1984) é redactor xefe de Dardo
Magazine e redactor de A*Desk. Como comisario desenvolveu o proxecto de intervencións públicas Un disparo
de advertencia (Lalín, 2011); a exposición Natureza! Estás soa? de Álvaro Negro (PALEXCO, A Coruña, 2011); a
colectiva Welcome to my Loft (Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2012); Wily Forza Ingobernable (FAC, Santiago
de Compostela, 2013); Agora!, proxecto de intervencións no espazo das Bodegas Martín Códax (Cambados,
Pontevedra, 2013); Sssh! Del silencio un lenguaje (Galería Nuble, Santander, 2013); Crise de identidade
(Fundación Granell, Santiago de Compostela), En el coche de San Fernando (SALÓN (Madrid); Sobre el muro
(Galería L21, Madrid), dentro do programa Jugada a 3 Bandas (2014); Aprender a caer (Programa Inéditos 2014,
La Casa Encendida, Madrid), e Aún un paisaje tranquilo... (Barcelona, Convocatoria 2014 Can Felipa de Arts
Visuals). Dentro do programa TOKONOMADRID, foi convidado a participar como comisario na residencia do
Tokonoma Apartment de Kassel. Ángel Calvo Ulloa é membro do colectivo OsTres, que elabora o programa
expositivo do Espacio Miramemira, en Santiago de Compostela.
www.angelcalvoulloa.co