rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
NOVA COMISIÓN XESTORA, NOVAS ACTIVIDADES

NOVA COMISIÓN XESTORA, NOVAS ACTIVIDADES

Datas: 
3 decembro 2021 - 3 decembro 2022

O martes 9 de novembro ás 19.00, a AAM reuniuse no salón de actos do MARCO para celebrar unha asamblea, co propósito de renovar a Comisión Xestora e escoitar as distintas propostas. Ante todo, queremos agradecer a vosa asistencia. Durante a reunión, tres persoas presentáronse para formar parte da Comisión existente e dar un novo pulo á mesma. Así pois, a actual Comisión Xestora queda formada por: Ramón Blanco, Toñi Caseiro, Paula Giráldez, Marga Mariño, Emilio Nieto, Chis Oliveira, María Teresa Pérez, Pilar Vázquez. Estamos desexando recuperar as actividades, das que vos iremos informando puntualmente a medida que se vaian organizando. Temos decidido reunirnos todos os martes ás 19.00 na oficina da AAM, como viñamos facendo antes; reunións ás que, por suposto, podedes acudir e nas que as vosas propostas, ideas e suxestións serán sempre benvidas. Unha aperta e seguimos “á procura da arte contemporánea”.
Comisión Xestora AAM Agrupación Amiga do MARCO

AdxuntoTamaño
ACTA ASEMBLEA AMIGA MARCO DO 9 DE NOVEMBRO DE 2021 Galego.pdf92.57 KB