rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

O edificio

Taboa de contidos

  • Setembro 1999-decembro 2001
  • Autores do proxecto, arquitectos e directores de obra: Salvador Fraga Rivas, Francisco Javier García-Quijada Romero e Manuel Portolés Sanjuán.
  • Directores da execución, aparelladores e arquitectos técnicos:
  • Manuel Cuquejo González, Ramiro Fraga Rivas e Julio Millara Turienzo.
  • Proxecto e dirección de instalacións especiais: IBINCO, S.L.
  • Coordinador de seguridade e saúde: Julio Millara Turienzo.
  • Empresa construtora: NECSO Entrecanales Cubiertas, S.A.

O edificio do MARCO dispón de catro plantas e dun edificio anexo independente, repartidos nunha superficie total de 10.007 metros cadrados.

Planta soto: 2.960 m2

Destinada a servizos de carácter técnico: almacéns, recepción de obras, coidado e manipulación das exposicións en tránsito, zonas de maquinaria de instalacións e oficinas. Constitúe a base do museo, non é visible dende o exterior e ten acceso restrinxido.

Planta baixa: 3.481 m2

No corpo dianteiro, acolle os servizos de libre circulación, como cafetería-restaurante, tenda-librería, gardarroupa, zonas de atención ao público e o salón de actos, con posibilidade de accesos e horarios distintos aos do museo. O resto, 1.685 m2, está destinado a salas de exposición e ao vestíbulo de acceso a estas.

Primeira planta: 2.411 m2

A área de actividade é de 1.690 m2, dos que un terzo está dedicado exclusivamente a salas de exposición; outros espazos son a Biblioteca-Centro de Documentación e a sala de talleres didácticos ("Laboratorio das Artes"). O resto está dedicado a espazos de tránsito.

Segunda planta: 1.012 m2

A área destinada a oficinas de persoal é de 880 m2. Ademais conta con dous espazos independentes baixo-teito con acceso exclusivo dende as oficinas dos extremos da planta, que albergan o despacho de Dirección e a sala da Agrupación de Amigos do Museo.

Espazo Anexo: 143 m2

Un pequeno edificio, situado na parte posterior do inmoble, destinado a sala de proxectos. Sala de exposicións: 90 m2