rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
OS OUTROS IMPORTANTES. Parellas artísticas no século XX

OS OUTROS IMPORTANTES. Parellas artísticas no século XX

RECORDATORIO: DERRADEIRA SESIÓN, XOVES 21 DE MAIO ÁS 19.30.
Datas: 
15 outubro 2014 - 21 maio 2015
Horario: 
mércores de 19.30 a 21.00
Lugar: 
Salón de Actos
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares, coa colaboración de relatores convidados nalgunhas das sesións
PRAZAS LIMITADAS. INSCRICIÓN E MATRÍCULA a partir do 9 de setembro
 
Dentro da súa liña xa clásica de todos aqueles aspectos conformadores da historia da arte contemporánea, o MARCO inicia en outubro un novo curso titulado ‘OS OUTROS IMPORTANTES. Parellas artísticas no século XX’, vertebrado en torno a unha creativa liña argumental como é a problemática da creatividade en parella. A partir dunha reflexión inicial en torno ás complexas relacións que se establecen entre amor e creatividade, o curso analiza a traxectoria vital e artística, ao longo do século XX, de parellas pertencentes a diferentes ámbitos: arquitectura, pintura, escultura, fotografía, performance, etc. Nalgúns casos, as mulleres artistas conseguiron alcanzar un estatus de igualdade respecto ás súas parellas, sobre todo nas últimas décadas do século. Non obstante, existen moitos máis exemplos de creadoras femininas cuxo labor se viu ensombrecido —cando non anulado— polo dos seus maridos ou amantes, e que foron redescubertas para a historia da arte grazas a estudos máis recentes. Alén da importancia incuestionable para a historia da arte de figuras como Rodin, Kandinsky, Picasso ou Pollock, o obxectivo do curso é colocar no lugar que merecen ás súas respectivas compañeiras, e mesmo se formular onde puidesen ter chegado se a sociedade e os seus condicionamentos de xénero llelo permitisen.
 
Prezo de matrícula:
  • 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes, previa credencial), coa posibilidade de pagamento fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
  • Descontos especiais por inscrición en 2 e 3 cursos.
NOTA: para este curso estanse a xestionar solicitudes de recoñecemento de 2 créditos de libre elección (Universidade de Vigo), e horas de formación permanente do profesorado (Xunta de Galicia).

CALENDARIO E PROGRAMA
 
NOTA: durante a tempada 2014-15, por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso os seguintes mércores: 26 de novembro, 24 e 31 de decembro, 7 de xaneiro, 11 de febreiro, 1 de abril.
 
Sesión 1 (mércores 15 outubro)
A problemática da creatividade en parella. Unha relación unidireccional?
 
Sesión 2 (mércores 22 outubro)
Cara e cruz da creación escultórica: Auguste Rodin e o éxito; Camille Claudel e o silencio.
 
Sesión 3 (mércores 29 outubro)
Parellas expresionistas: Wassily Kandinsky e Gabriele Münter, Alexej von Jawlensky e Marianne von Werefkin.
 
Sesión 4 (mércores 5 novembro)
Entre o Cubismo e a Abstracción: Sonia Terk e Robert Delaunay
 
Sesión 5 (mércores 12 novembro)
Parellas dadaístas ou o Dadaísmo en parella: Raoul Hausmann e Hannah Höch, Hans Arp e Sophie Taeuber.
 
Sesión 6 (mércores 19 novembro)
Fotografía e Precisionismo: Alfred Stieglizt e Georgia O’Keeffe.
 
Sesión 7 (mércores 3 decembro)
Frida Kahlo e Diego Rivera: o gabián e a pomba.
 
Sesión 8 (mércores 10 decembro)
Max Ernst e Leonora Carrington, unha relación surreal.
 
Sesión 9 (mércores 17 decembro)
Yves Tanguy e Kay Sage.
 
Sesión 10 (mércores 14 xaneiro)
Dora Maar e Picasso. Do amor ao odio.
 
Sesión 11 (mércores 21 xaneiro)
Amor, guerra e fotografía: Robert Capa e Gerda Taro.
 
Sesión 12 (mércores 28 xaneiro)
Lee Miller, Man Ray e Roland Penrose.
 
Sesión 13 (mércores 4 febreiro)
O poder do xesto: Jackson Pollock e Lee Krasner.
 
Sesión 14 (mércores 18 febreiro)
Elaine e Willem de Kooning.
 
Sesión 15 (mércores 4 marzo)
Jasper Johns e Rauschemberg: unha parella neodadá.
 
Sesión 16 (mércores 11 marzo)
Performance en parella: Gilbert & George. Marina Abramović e Uwe Laysiepen (Ulay).
 
Sesión 17 (mércores 18 marzo)
Minimalismo e Body Art. Ana Mendieta e Carl Andre.
 
Sesión 18 (mércores 25 marzo)
Robert Smithson e Nancy Holt unidos polo amor pola paisaxe.
 
Sesión 19 (mércores 8 abril)
Juan Muñoz e Cristina Iglesias: dous xeitos diferentes de abordar a creación escultórica.
 
Sesión 20 (mércores 15 abril)
Arquitectura e deseño. Charles e Ray Eames, un exemplo de creatividade compartida.
 
Sesión 21 (mércores 22 abril)
Arte e xénero: na procura da muller artista
Relatora convidada: Rosario Sarmiento
 
Sesión 22 (mércores 29 abril)
Un caso galego
Relatores convidados: Menchu Lamas e Antón Patiño.
 
Sesión 23 (mércores 6 maio)
Robert Venturi e Denise Scott-Brown. Wang Shu e Lu Wenyu.
 
Sesión 24 (mércores 20 maio)
A luz e a sombra: Enric Miralles, Carme Pinós e Benedetta Tagliabue.
 
NOTA: este programa xeral pode sufrir variacións nas súas datas e contidos, en función da dispoñibilidade dos relatores e do propio desenvolvemento do curso.