rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
PERFORMANCE. Xoel Gómez López. Carne: transitando o eu, 2022

PERFORMANCE. Xoel Gómez López. Carne: transitando o eu, 2022

Datas: 
11 novembro 2022
Horario: 
20:00
Lugar: 
Sala perimetral B1, 1º andar
Prezo: 
Entrada libre ata completar capacidade

[FUTURE STORIES. Unha exposición de dez artistas recentemente graduados da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo]

Para público en xeral

Carne: transitando o eu é unha viaxe pola construción da identidade propia que parte dun proceso persoal de transición e reafirmación como persoa non binaria. Xoel Gómez López (O Porriño, Pontevedra, 2000) acompaña a performance dunha peza musical e unha escenografía: unha peza con forte carga autobiográfica, un verdadeiro experimento de autodescubrimento, deconstrución e reensamblaxe dun mesmo, con multiplicidade de matices e o espectro infinito de estados intermedios. Fluír no xénero, rexeitalo e crear un novo “eu”, unha identidade que se adecúa no agora, en constante evolución e cambio infindo.