rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Presentación

AVISO: A Biblioteca-Centro de Documentación MARCO permanecerá pechada do 2 de agosto ao 2 de setembro. 

A Biblioteca-Centro de Documentación, inaugurada en novembro de 2004 e sita no 1º andar do MARCO, é un servizo totalmente gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.

Conta con 32 postos de lectura, e consulta en sala é directa. O fondo bibliográfico ascende a 6.750 publicacións que abranguen aspectos da arte como teoría, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías e catálogos de artistas ou catálogos colectivos.

Para tomarlle o pulso á actualidade conta cunha hemeroteca de revistas especializadas e para completar este obxectivo documental dispón de rede wi-fi.

HORARIO:

Martes, Mércores e xoves: de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00 
Venres, de 11.00 a 14.15
Agás festivos

Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario.
Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com 

ACCESO DIRECTO AO CATÁLOGO
Se preme no seguinte vínculo, pode consultar o catálogo en liña (recomendamos consultar o apartado Fondos-Catálogo)