rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
PRESENTACIÓN INSTALACIÓN "CORPOS" Grupo Diseñatas / Fundación IgualArte

PRESENTACIÓN INSTALACIÓN "CORPOS" Grupo Diseñatas / Fundación IgualArte

Datas: 
12 novembro 2022
Lugar: 
Espazo Anexo (praza peonil posterior)


Helena Cuber, Alberto Rodríguez, Gustavo López, Adriana Cervantes, Lucía Caballero, Iván Lago, Loira Fernández, Eva García
, e Alberto Ardid como coordinador do proxecto
Coa colaboración de: Rosa Fernández, Olivia Boyce, Alicia Fernández, Bárbara Martínez
Sábado 12 novembro
Ás 13.30 = presentación para medios de comunicación e público en xeral
Ás 19.00 = apertura de portas ao público
Para público en xeral

O MARCO e a Fundación IgualArte cumpren 20 anos de vida e, con motivo deste dobre aniversario, o equipo de artes plásticas da fundación, Diseñatas, presenta a instalación CORPOS no Espazo Anexo del Museo.

CORPOS é unha obra realizada especificamente para este espazo, que fala da infinidade de tipos de corpos, de personalidades e actitudes que temos as persoas, e de como interactuar entre nós, onde nos situamos e onde nos sitúan.

Esta intervención artística a través da acción pictórica sobre móviles antropomorfos de madeira é a representación e posta en valor de todas as riquezas e complexidades individuais que conforman o conxunto dunha sociedade avanzada. Cada unha das pezas mestura partes humanas dun modo único, deconstruíndo as combinacións estándar.

O feito de traballar con xoguetes como soporte é unha referencia clara á infancia, xa que é precisamente nesta etapa vital cando nos estamos a formar e cando nos temos que empapar da importancia da axuda, o significado do colectivo, e aprender a aceptar a todas as persoas, sexan como sexan, para mellorar así a comunidade traballando de forma máis cooperativa.