rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Presentación

Clube de lectura #BiblioMARCO

A partir de outubro de 2019 púxose en marcha o Clube de lectura #BiblioMARCO como espazo de encontro e dinamización para aquelas persoas interesadas nas artes en xeral, xa que os eixes argumentais das novelas seleccionadas están relacionados con distintas manifestacións artísticas.

A participación é de balde, previa inscrición a través do e-mail centro.documentacion@marcovigo.com ou do teléfono 986 113902.

Horario: unha vez ao mes (variable según grupos), de 19.00 a 21.00.

Histórico de programación: 

Tempada 2023-2024
https://www.marcovigo.com/content/club-de-lectura-bibliomarco-tempada-2023-24 

Tempada 2022-2023
https://www.marcovigo.com/gl/content/pr-ximo-inicio-de-tempada-2022-23-do-club-de-lectura-bibliomarco

Tempada 2021-2022
https://www.marcovigo.com/content/o-club-de-lectura-bibliomarco-inicia-t...

Tempada 2020-2021
https://www.marcovigo.com/content/o-club-de-lectura-bibliomarco-inicia-tempada-2021-22-con-tres-novos-grupos

Tempada 2019-2020
https://www.marcovigo.com/gl/content/clube-de-lectura-bibliomarco-2019-2020

Bookcrossing – Día do Libro

Con motivo do Día do Libro, cada ano en torno ao 23 de abril o MARCO súmase á experiencia de Bookcrossing compartida con outras 54 bibliotecas de museos e centros de arte, na que se liberan volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes dos fondos duplicados das súas respectivas bibliotecas.

Outras actividades de dinamización

Dende a Biblioteca-Centro de documentación lévanse a cabo distintas actividades de forma puntual que forman parte da programación do MARCO.

Algunhas realizadas anteriormente:

  • Obradoiro de Scrapbooking
  • Regueifas deste tempo
  • Maratón do xogo de mesa Sabidurius
  • Xogos relacionados cos fondos da biblioteca e coa arte na rede:
    - Cada obra coa sua parella
    - Webs con moita arte
    - Pola rede anda o xogo