rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Proxección do documental “We Live in Public”

Proxección do documental “We Live in Public”

Datas: 
19 outubro 2021
Horario: 
19.00 a 21.00
Lugar: 
Salón de actos
Prezo: 
Actividades gratuita, previa inscripción en función de capacidade e dispoñibilidade de prazas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

Este ano, o MARCO adiántase ao Día das Bibliotecas (que se celebra o 24 de outubro) cun programa especial marcado pola reapertura da Biblioteca-Centro de documentación a partir do martes 19, ademais dunha sesión especial de obradoiro para adultos, e a proxección do documental “We Live in Public” como actividade complementaria do Club de Lectura, aberta tamén para público xeral.

Todas as actividades son gratuítas, logo de inscrición en función de capacidade e dispoñibilidade de prazas.


WE LIVE IN PUBLIC

Como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, e en relación coa lectura deste mes (Olivia Laing. La ciudad solitaria), a Biblioteca-Centro de Documentación organiza a proxección do celebrado documental “We Live in Public” (2009), que conta a historia do efecto que a web ten na nosa sociedade a través dos ollos “do pioneiro de Internet máis grande que nunca oíches falar”: o visionario Josh Harris.

Destinatarios: participantes Club de Lectura e público en xeral

Inscricións

Exclusivamente a través do correo-e recepcion.marco@gmail.com a partir do xoves 14 de outubro.