rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Saída cultural a Santiago de Compostela

Saída cultural a Santiago de Compostela

Datas: 
25 outubro 2023
Lugar: 
Punto de encontro: CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea
Horario: 
10.45

Dende a Comisión Xestora propoñémosvos unha interesante saída cultural a Santiago de Compostela o mércores 25 de outubro.

O punto de encontro será ás 10.45 no CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea, onde percorreremos as exposicións dedicadas ao 30º Aniversario do museo (https://cgac.xunta.gal/gl/exposicions), a través dunha visita guiada.

A tarde dedicarase a visitar as galerías incluídas na programación ABERTA´23 (https://contemporanea.gal/es/aberto23/), como Galería Nordés, Galería Trinta, Galería Luisa Pita e Galería Metro. Atoparedes máis información no pdf que achegamos.

Tanto a ida como a volta son libres, e se alguén vai ir en tren recomendamos reservar os billetes con antelación, xa que están moi solicitados.

CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:

O límite de prazas para a visita guiada é de 25 persoas.

A efectos organizativos, pregámosvos que, por favor, vos apuntedes o antes posible enviando un mail a agrupacion.amiga@marcovigo.com, sinalando o voso nome e apelidos.