rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Servizos

Salón de actos

 

O MARCO ofrece a posibilidade de aluguer do seu salón de actos —situado no vestíbulo principal e con acceso independente do museo— e doutros espazos do museo para o desenvolvemento de conferencias, presentacións, seminarios, encontros, etc.

As vantaxes de utilización destes espazos son múltiples: sitúase no centro da cidade, ademais da combinación da significación histórica do edificio coa imaxe do MARCO como centro de arte contemporánea. O aluguer inclúe varios servizos gratuítos, e a posibilidade de visitas guiadas ás exposicións en función da tarifa. Todo isto fai que sexan solicitados por institucións e empresas de moi distinta natureza.

A dispoñibilidade dos espazos do MARCO é limitada, e o seu grao de ocupación varía en función da propia programación do MARCO en distintas épocas do ano. Para calquera consulta sobre dispoñibilidade deste espazo, procedementos e tarifas de aluguer, diríxase a:

Aluguer do salón de actos e outros espazos:
Contacto: Patricia Verdial
986 113904

Restaurante-cafetería
Mamá Elvira MARCO

Horario de apertura: de luns a sábados, de 8.30 a 21.00

Dende o 22 de marzo, a cafetaría-restaurante do MARCO reabriu as súas portas coa nova xestión da empresa hostaleira Mamá Elvira, un proxecto que se sustenta sobre os piares que Mamá Elvira vén desenvolvendo na cidade en servizos de cafetaría, pastelaría e restauración.

SERVIZOS

Mamá Elvira MARCO disporá de servizos de:

- Cafetaría: onde gozar dos mellores cafés, zumes naturais, refrixerios, almorzos e merendas.

- Pastelaría: deliciosos doces de elaboración propia a calquera hora do día.

- Restaurante: cociña de tempada, baseada nun produto fresco e de calidade, nun entorno actual e dinámico onde poder compartir o afán creativo do seu equipo de cociña.

- Menú diario de luns a sábado, que inclúe sempre opcións veganas e vexetarianas.

- Eventos: atención e servizo a calquera actividade que requira opcións de restauración, como reunións, comidas, ceas e pausas-café.

Ademais do restaurante en si e da terraza exterior, Mamá Elvira MARCO dispón de dous espazos para uso dos seus clientes: unha atractiva terraza interior con acceso dende a rúa Londres, na que poder disfrutar dunha zona aireada cando o tempo non acompañe; e unha área privada no interior onde poder organizar eventos de modo reservado.

O obxectivo dos responsables e equipo de Mamá Elvira MARCO é o de continuar cos sinais de identidade, calidade e servizo que caracterizan os seus distintos proxectos de hostalaría en Vigo: Mamá Elvira Orixinal (García Barbón 27), Mamá Elvira Suite (Príncipe 51, Galerías Durán), e Mamá Elvira Mercantil (Príncipe 44, última cafetaría da sede do Mercantil).

INFORMACIÓN E CONTACTO

Javier Barciela Estévez
Xerente Mamá Elvira
Tel. 986 190 421
mama.elvira.vigo@gmail.com



TENDA-LIBRERÍA [LASAL BOOKS]

Sala Vestíbulo principal

En LASAL BOOKS pódense atopar libros sobre arte, arquitectura, fotografía, deseño e ilustración. Non tanto libro técnico como libro artístico, moi visual e cunha encadernación coidada. Tamén dispoñen de edicións especiais e exemplares asinados polos seus autores.

HORARIO 

Martes a sábados, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30

INFORMACIÓN E CONTACTO

Iria Costas
Luis Toba
Tel. 674 291 788
lasalbooks@gmail.com