Traballos temporais: unha película de Diego Santomé
Textos: Iñaki Martínez Antelo, Javier Pérez Buján
Co gallo desta mostra o MARCO editou un novo catálogo dentro da colección "Espazo Anexo". Esta publicación preséntase como unha terceira fase (primeiro o traballo nos domicilios, segundo o tempo de exposición) dentro do conxunto do proxecto. Ademais dunha entrevista do artista co comisario, Iñaki Martínez Antelo, e un texto de Javier Pérez Buján, o catálogo recolle a serie de debuxos realizados polo artista ao longo do proxecto, que se sumaron ás imaxes do dvd con copia íntegra do filme (tamén incluído na publicación) para ofrecer un relato en imaxes do desenvolvemento de todo o proceso.
Publicación dispoñible para compra na tenda-libraría LASAL BOOKS (vestíbulo do MARCO) o a través da web www.lasalbooks.com