
Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia
Textos: Miguel Fernández-Cid, Xurxo Martínez González, Manuel Janeiro, Hayat Husein
Data de publicación:
16 maio 2026
ISBN:
978-84-1176-596-1
Prezo:
Edición non venal (ESGOTADO) UN PAÍS ILUSTRADO é un proxecto expositivo que pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia. O propósito é traer ao primeiro plano o labor de deseño e imaxe da editorial a través dunha selección das cubertas de Galaxia, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos.