rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Vertixe EXPERIMENTA '14

Vertixe EXPERIMENTA '14

Datas: 
12 decembro 2014 - 21 decembro 2014
Lugar: 
Salón de Actos


Durante o mes de decembro repítese a experiencia dos laboratorios e concertos de música experimental organizados por Vertixe Sonora e Instituto Galego de Sonoloxía en colaboración co MARCO, dentro dun novo ciclo chamado VertixeEXPERIMENTA'14, que terá lugar nas fins de semana do 12-13-14 e 19-20-21 de decembro.

CONCERTOS


Venres ás 21.00
Entrada gratuíta ata completar aforo

Venres 12 ás 21.00
Tiago Moráis Morgado + Stelios Manousakis 

Stelios Manousakis, compositor e artista sonoro de orixe griega con ampla traxectoria no campo da música electrónica e experimental, comparte programa co violista e improvisador portugués Tiago Morgado

http://modularbrains.net
http://about.me/tiago.morgado.88 

Venres 19 ás 21:00
_blank + Alberto Bernal

Concerto do compositor e artista sonoro Alberto Bernal xunto coa galega afincada en Barcelona, _blank, que presentará unha das súas últimas obras de sonificación de datos, dun alcance inmersivo escalofriante.

http://www.albertobernal.net/
http://www.null66913.net/blank

OBRADOIROS


Sábado de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingo de 11.00 a 14.30
Prezo: 30 €
Máximo 12 participantes por obradoiro.
Información e inscricións:
institutogalegodesonoloxia@gmail.com

Stelios Manousakis
"Usos creativos do feedback"


Sábado 13 de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingo 14 de 11.00 a 14.30

Obradoiro de Stelios Manousakis sobre usos creativos do feedback, desde los llamados tons laarsen (ouacoples, para algúns) a exquisitas técnicas de feedback dixital.

Alberto Bernal
"O son que non soa"

Sábado 20 de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingo 21 de 11.00 a 14:30.

Alberto Bernal propón un obradoiro sobre “O son do que non soa” no que se presentarán algúns aspectos técnicos, estéticos e pragmáticos dun traballo musical que parta do impulso doutros medios. Gravacións de campo, son da voz, fotografías, vídeos, movementos, datos socioeconómicos… todo iso tomarase como punto de partida para desenvolver técnicas de sonificación e recodificación que permitan xerar diversos tipos de material musical, sexa en soporte partitura ou en soporte electroacústico.