Viaxe a Porto
Dende a Comisión Xestora propoñemos unha interesante saída cultural de dúas xornadas a Porto. Serán os días 24 e 25 de maio, co seguinte programa:
O primeiro día visitaremos Santo Tirso e o Museo Internacional de Escultura Contemporánea coa arquitectura de Siza Vieira e Souto Moura, ao mesmo tempo que as esculturas espalladas por toda a cidade.
Máis información en: http://miec.cm-stirso.pt/apresentacao/
O segundo día, faremos un detallado percorrido pola impresionante colección de arte urbana de Porto, no que contaremos cun guía de auténtico luxo, Antonio Monteiro de Oliveira, profesor de universidade e gran experto na materia. No arquivo que acompaña, compleméntase a información do roteiro.
A saída será o mércores 24 de maio ás 9.15 desde o farol de Urzáiz. O custo final é de 165€ por persoa en cuarto dobre (240€ cuarto individual).
Este prezo inclúe:
- Autobús ida e volta.
- Aloxamento en hotel de 4 estrelas
- Almorzo no centro de Porto
- Seguro de viaxe en grupo.
CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:
O límite de prazas para esta viaxe é de 25 persoas.
Data límite de reserva de praza: xoves 18 de maio,
A confirmación da viaxe farase efectiva mediante o pago do mesmo na axencia de viaxes. Aquí tendes a información da axencia:
B travel
Gran Vía, 31
Teléfono: 986 42 26 11
Correo electrónico: vgo-granvia@btravel.com
O pago da viaxe pódese facer mediante:
- Efectivo ou tarxeta bancaria na propia oficina
- Transferencia bancaria (ES15 0182 4899 15 0201515004. A nome de Avoris Retail Division. Indicando no concepto: Viaxe a Porto/AAM)
- Bizum
- Tarxeta bancaria a distancia
Para as opcións 3 e 4 hai que enviar previamente un correo electrónico á axencia para que faciliten un enlace co que formalizar o pago.