rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
VidaExtra, de Ramiro Ledo

VidaExtra, de Ramiro Ledo

Datas: 
14 febreiro 2014 - 15 febreiro 2014
Horario: 
Dobre pase: venres 15 e sábado 16 de febreiro, ás 19.30
Lugar: 
Patio 1 (planta baixa)
Prezo: 
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas


Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cinema comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, coa proxección do filme VidaExtra, de Ramiro Ledo.

Ramiro Ledo
VidaExtra
España / 2013 / Cor / 96 min

A folga xeral de setembro de 2010 crúzase en Barcelona con La estética de la resistencia, de Peter Weiss. As discusións desa noite veranse confrontadas co cotián das persoas que protagonizan o filme: cinco amigos anónimos que xa non son nin adolescentes nin militantes comunistas, pero que tentan non obstante repoñerse ao estado das cousas, como no seu momento os que protagonizan o libro de Weiss.

Ramiro Ledo Cordeiro (Lugo, 1981), traballa como realizador e montador independente. En 2001 cofunda o Cineclube de Compostela, que dirixe ata o ano 2007, onde tamén editan Ariel, boletín de cinema en galego (2002-2004). Desenvolve traballos de documentalista, catalogando o arquivo histórico audiovisual de TVE-Galicia. Dende entón, vive e traballa en Barcelona, onde cursou unha mestría en cinema documental na UAB e estudos sobre cinema contemporáneo na UPF. Colabora en distintos medios, entre eles Radio Galega, Xornal de Galicia, Blogsandocs e Asociación Lumière e realizou os filmes CCCV-Cineclube Carlos Varela (2005), O proceso de Artaud (2010) e VidaExtra (2013).

Descarga: