rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita Guiada para AAM. Inauguración “100x29”

Visita Guiada para AAM. Inauguración “100x29”

Datas: 
16 decembro 2022
Lugar: 
Galería Arniches 26 (R/Velázquez Moreno, 17, Vigo)
Horario: 
19.00

Visita a exposición “100x29” guiada por RICARDO PENAS, un dos directores da galería Arniches 26, no Principal, situado na rúa Velázquez Moreno, 17, Vigo.

Inspirada nos Micro Salón iniciados nos anos 60 pola galería parisiense Iris Clert, nos que a galerista convidaba ata 250 artistas (tanto coñecidos como descoñecidos) a participar cunha obra pequena nunha exposición colectiva.

En 100x29, a galería Arniches 26 propón 100 obras de 29 artistas nados entre 1977 e 1997, co obxectivo de dar unha visión panorámica e xeracional da escena artística. Obras pequenas de ata 500€, co fin de achegar a arte a todo tipo de públicos.

Como actividade exclusiva para as persoas da Agrupación Amiga do MARCO, convidámosvos o propio venres 16 de decembro ás 19.00h a unha visita guiada por RICARDO PENAS, codirector da galería Arniches 26.