VISITAS E OBRADOIROS PARA ESCOLARES
Colabora: Fundación "la Caixa"
Nos últimos anos, a área de Didáctica do MARCO, baixo o lema “MARCO inclusivo”, reforzou e ampliou a súa oferta co obxectivo de identificar necesidades, crear recursos, facilitar espazos e instrumentos para a inclusión, e chegar a públicos diversos. Neste epígrafe inclúense tanto a programación para escolares –en paralelo ás exposicións temporais, con propostas diferenciadas para cada grupo de idade–, como os obradoiros infantís, as visitas e talleres para grupos con necesidades específicas, e outros proxectos en colaboración con diferentes asociacións e colectivos. Todas as actividades son gratuítas, previa inscrición, ata completar a capacidade establecida para cada programa.
VISITAS E OBRADOIROS PARA ESCOLARES
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / email: didactica@marcovigo.com
A experiencia cos grupos de escolares, dos máis numerosos entre os colectivos destinatarios, consiste nun percorrido polas salas de exposición, e unha actividade-taller relacionada, especialmente adaptadas a distintas idades, con contidos diferenciados para educación infantil, primaria e secundaria/bacharelato.