Visitas
Taboa de contidos
- Visitas
- Planos
PREPARA A TÚA VISITA
O MARCO está situado no centro da cidade, na rúa Príncipe, 54 (zona peonil), xunto á confluencia das rúas Colón e Urzáiz.
Horarios do museo:
Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00
Domingos de 11.00 a 14:30
Pechado os luns
Festivos de Nadal Pechado.
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA
Como chegar?
En coche: no contorno do MARCO existen varios aparcadoiros públicos.
En tren: a estación de RENFE, na Praza da Estación, está a 5 minutos a pé do MARCO.
En avión: o aeroporto de Vigo (Peinador) está situado a 7 km. do centro da cidade.
CONSELLOS PRÁCTICOS
Á súa chegada, no vestíbulo do museo atopará o despacho de billetes, co seu gardarroupa, e tamén taquillas individuais para gardar os seus obxectos persoais.
O museo está especialmente adaptado para persoas con discapacidade, e inclúe
dúas ramplas de acceso á entrada principal, ascensores para o primeiro andar, e aseos adaptados. Existen tamén dúas cadeiras de rodas a disposición do público.
Normas de acceso
Lembramos aos visitantes que non está permitido:
- Tocar as obras de arte
- Introducir alimentos ou bebidas
- Entrar con mochilas, bolsos ou paraugas
- Acceder con animais, excepto cans guía
- Facer ruído ou correr polas salas de exposición
No caso de que estean interesados en facer fotografías nas salas de exposición, é imprescindible consultar ao persoal do despacho de billetes.
Os visitantes teñen á súa disposición follas de suxestións e follas de reclamación no despacho de billetes.
Visitas guiadas
- Visitas guiadas individuais: todos os días ás 18.00
- Visitas de grupo con cita previa:
Contacto: Marta Viana / Taquilla
986 113900
comunicacion@marcovigo.com /recepcion@marcovigo.com
- Visitas escolares:
De martes a venres, en quendas de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00
Contacto: Marta Viana
986 113900
comunicacion@marcovigo.com